A (curtametraxes)

Á beira do Aceiteiro

Breve inmersión nas augas dun río que noutrora bulía á par do renxer dos grandes rodicios. Convite á relaxación e a deixarse levar pola beleza desta paraxe única de San Sadurniño. Unha reflexión sobre o pasado en que existía un equilibrio case perfecto entre a natureza e o xeito en que as persoas lle tiraban proveito.

   

A beleza feriume para sempre

Un artísta refrexa a súa arte nun lenzo, mais a tempestade e o caos detruirá a obra.Curtametraxe inspirado nos poemas do libro "Nimbos" de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2014. 

A boa caligrafia

Rosa e Manuel forman un matrimonio de mediana idade na Galicia rural dos anos cincuenta. Tras unha viaxe de Manuel, Rosa descobre, agachada na súa chaqueta, unha carta de amor escrita con esmerada caligrafía. O seu marido ten unha admiradora, non lle cabe a menor dúbida, mais averiguar o contido da carta é un problema. Rosa non sabe ler.

A canción de Femerlin

O doutor Fémerlin ten un novo invento, un aparato para hipnotizar. Con el comeza a aproveitarse dos seus veciños, mais a inesperada chegada á vila dunha peculiar persoa pode alterar os plans do doutor... 

A cegas

Un cego precisa axuda para poder moverse na cidade chea de obstáculos. Unha moza vai na súa axuda e, con toda boa vontade, recibirá unha paga que non agardaba...

A chamada

Unha teleoperadora do servizo ADSL, farta do seu traballo, contesta unha chamada de avarías como de cote, sen supor que se convertirá no seu peor pesadelo.

A chamada da morte

Unha comedia negra onde a intriga vaise converter nunha sorpresa insospeitada.Gravada en 3 horas e feita por alumnos de Primeiro de Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra.

Aciaga, Suicidius Interruptus

Unha muller de mediana idade tenta suicidarse pero aparece na historia alguén que non llo vai permitir ...

A cola

Un ser, esnaquizado pola súa vida gris e valeira, acude a unha empresa que se adica a xestionar suicidios. Movido entre a súa desesperación e a curiosidade, chega á empresa e comproba a eficacia dos seus servizos.

A consulta do Dr. Natalio

Alvarito, un rapaz de apariencia normal padece unha misteriosa estupidez crónica. Florentina, a súa nai, acode na procura dun remedio á consulta do Dr Natalio, un barbeiro ciruxano de infame reputación. 

A culpa é dos pais

Daniel Villaverde é un universitario perdido. Aos seus 21 anos cambia de cidade por motivos académicos... ou iso di el, xa que o que realmente busca é un xiro na súa vida. Desorientado, sen amigos e sen parella, vaga polo mundo en busca dun motivo existencial. Pero a súa finalidade nesta vida está máis preto do que pensaba..

A danza de katiuska

Celestino évos un mozo anarquista que todas as noites de lúa acude á praza dos catro gatos para ver danzar a Katiuska... pero esa noite pídelle que dance para el porque ao mencer terá que facer algo moi importante. 

Adeus

a emigración volve a ser case a única alternativa de futuro para esta xeración. Mentres lembramos a emigración de comezos do siglo pasado como algo afastado, non nos decatamos de que esa mesma situación está a repetirse de novo. É por iso que Adeus nos presenta un salto no tempo e un paralelismo entre ambas situacións.

Adeus edrada?

A un meniño a súa tía cóntalle historias de medo. A lenda que máis lle impresiona é a da Santa Compaña. E o peor está por chegar cando esta ven por un veciño que el estima. 

A espera

Nunha cidade calquera, un home agarda pola súa muller, mentres tanto unha antiga moza pasa por diante e comezan a recordar vellos tempos. Mais algo vai suceder que lle cambiará a vida.

A estada

Juan, un obreiro da construción, morre nun aparente accidente laboral cuxas orixes levan aos comezos de da Guerra Civil española. Amosa un país sen liberdades, de picaresca, de explotación e de fame da posguerra, a través da historia dun obreiro da construción .

A estadea

As vidas da familia de Roi e dos rapaces Xoán e Fran veranse afectadas polos misterios que agachan os camiños dos bosques de Galicia.

Afonía

Un actor de dobraxe traballa nunha telenovela cando se ve aqueixado de afonía. Pouco despois descobre que o intérprete ao que dobraba fala coa súa voz e que ademais está disposto a desfacerse del. 

A fouce esquecida

Drama dun labrego que perde sucesivamente a súa esposa, a súa filla e o seu patrimonio. Deste último, tras embargarllo, só lle queda unha fouce que atopa no medio da eira. Ao vela, inspíralle ganas de loitar.

A grande viaxe

Todos os rapaces desa época obedecían a Suso. Suso berroulle a Manolo para que baixase a ver un afogado e el foi todo orgulloso, quen lle dera a moitos que o Suso os fora chamar. Cando chegaron a río Suso díxolle a Manolo que el ía pola outra beira do río. Manolo berrou por Suso, e Suso desapareceu. Mirou ó rapaz afogado e era el. 

A guerra dos grelos

O Bar Facundo e a Casa Luciano son dous negocios veciños que o único que comparten é grisura e a falla de clientela. Cando por unhas extrañas circunstancias prevese unha enorme avalancha de turismo, Facundo e Dosinda, a súa dona, móntanse no carro dándolles ós extranxeiros o que buscan, o enxebre, auténtico.

Ai capitán

Está inspirada nun fermoso poema mariñeiro do escritor  Xosé María Díaz Castro
que foi rodado preto de cabo Vilán. Coa curtametraxe tamén reproduciu a anotación previa coa que aparece, xunto co poema no que se inspira.As ondas que rompen nas penas e no casco dun barco naufragado falan aquí do poema 

A incrible historia do Home-Xeo

A historia dun home que ten que manterse frío, mexando incluso xeo. Para namorar ten unha chea de dificultades, pois non esquezamos que estamos a falar do Home-Xeo.

Aínda temos moito que andar

Unha  cadeira de rodas moi autónoma móvese polos distintos lugares con vida propia, E como podemos apreciar, non tódalas rúas e camiños son doados para poder transitar por eles. 

A lareira

Reúnense fronte a unha lareira tres bos amigos, O Ánxo, O Miguel e O Cristian. Anxo recrimínalle o feito de telo deixado só, por que será?.

Á luzada

Cando tiña o sono débil espertábano por un balbordo mecánico procedente do porto. Sabía que procedían dos motores diesel dos barcos que arrancaban nas primeiras horas da madrugada. Este filme é o intento de documentar un acontecemiento negado polo que sucede cando todo o mundo dorme.

A man sagrada

Adaptación do poema de D. Ramón Cabanillas "A man segreda". Unha parella esconde seu amor nunha noite de inverno co lume dunha lareira e un gato como testemuña.

Amar Atón

Esta curta quere lembrarnos O Día Mundial da Concienciación do Autismo celebrado o día 2 de abril mediante esta tenra historia de superación e sacrificio.a través dun atleta que vai pasando por distintas etapas no seu percorrido. 

A mecedora 

Uns mozos atopan na rúa unha mecedora que alguén tirou ao lixo, un deles lévaa para súa casa. Axiña vaise decatar de que non foi moi boa idea...

Ami

Unha moza percorre cada día a cidade tomando instantáneas e falándonos da súa irmá, con quen se atopa cada tarde, na praia. Finalmente descubriremos que a existencia de Ami débese só á fantasía de quen non é capaz de superar a perda dun ser querido.

A miopía

Unha historia sobre a cegueira, non só física senón sentimental. A miopía está implantada na sociedade fronte ó amor...

A mirada

Este documental de creación é unha peculiar e insólita indagación sobre o feito de mirar baseado nun texto do pensador francés J. Paul Sartre.

Anacos

A vida dunha persoa pode ser tan simple e sinxela coma a súa receita de biscoito. Ás veces, nas cousas máis simples está a felicidade.

Ao terceiro día

Relátase a historia dunha parella que vive feliz e tranquila nunha casa nas aforas da cidade, ata que comezan a suceder unha serie de cousas estrañas 

A porta

No sepulcral silencio da madrugada escóitanse golpes na porta dunha casa illada, o medo, a preocupación e a intriga apodéranse do seu habitante mentres unha estraña visita o leva a unha desconcertante situación.

A puta da vida

Nun lugar chamado Mandouro vivían dúas irmás. Vivían soas, nunha casa terreña que lles deixaran os pais. Dende esa casa víase o mar e os moitos navíos que alí viraban de Europa para os mares do sur. Unha irmá chamábase Vida e a outra Morte. Eran dúas boas mozas, garridas e alegres.

A repanocha (la polla limonera)

ria e Sebastián, coñécense dende que comezaron a traballar en Trans-Paper, unha empresa adicada á papelaría. Iria encárgase de facer reparticións, Sebastián é o mozo de almacén e recolle pedidos. A ela ocórreselle que para facer o seu traballo de xeito máis cómodo pode seguir outro itinerario e así facer máis repartición no mesmo tempo.

A sede das urbes

Trala súa morte, un vagabundo recibe o cargo de ser o gardián da muralla, protector do resto dos sen teito que habitan na cidade amurallada, pero atópase unha muller que o tenta para deixar esa pesada carga.

 A subela

Un zapateiro leva unha vida rutineira e monótona. A súa tentación vive ao lado, unha prostituta coa que está fascinado. Cando á muller se lle poñen feas as cousas, poderá facer algo por ela? A típica historia de amor arredor dun triángulo dramático e dun microuniverso cotián, que conta cun final sorprendente.

A teoria do espello

Estamos ás portas da chegada do ano  2002, ano capicúa, o tempo comeza a retroceder: A vida vai cara atrás, ó revés do que coñecemos todos, do que nos ensinaron e do que percibimos de xeito cotiá.

A ti como se che di adeus?

Sete parellas que se din adeus, sete historias enlazadas por despedidas pretenciosas, despedidas violentas, despedidas torpes. 

A tola

Simboliza unha denuncia da represión política exercida pola ditadura franquista sobre Galicia. Un país é invadido e todos os homes fusilados. A muller protagonista é torturada e encerrada nun manicomio, os berros do seu fillo óense entre os seus muros como un son de esperanza. 

Aliendu

Manuel e Josefa coñecéronse na feira da poboación asturiana de Valdebois namoráronse. Ante a oposición do pai dela á súa relación, decidiron fuxir á Fonsagrada. “Aliendu” é un guiño á parte asturiana desta historia. Significa alento ou respiración forte, e fai referencia ó esforzo e tesón da parella protagonista durante a súa fuxida.

Alzheimer

Esta historia afrontada por primeira vez no cinema galego, relata o percorrido polas lembranzas das vivencias dun enfermo de Alzheimer, xusto no momento do seu falecemento.. 

Amantes falsos

Cóntanos a historia dun apaixonado relacionamento cheo de sospeitas, ciumes e posíbeis enganos. A vida mesma.

A margarida

Simón traballa nunha tenda de pinturas e ten unha relación ás agochadas coa filla do xestor, un auténtico usureiro sen escrúpulos. O seu xefe, antigo comunista militante en movementos libertarios, converteuse nun tirano rosmón que escraviza a Simón día tras día.

Ambigüïdade

Despois dunha noite de alcol e festa, Laura chega á casa sabendo que fixo algo do que vai arrepentirse, liarse co seu amigo Cristian.Laura sente que a súa conciencia non esta tranquila por serlle infiel ao seu noivo. Pola contra, Cristian non pensa igual.

Amelia e as sereas

Os contos de sereas ás veces poden chegar a confundirse coa realidade. Pero a realidade é moito mais dura que os contos infantís. Amelia é unha muller asolagada polo silencio arredor do maltrato do seu marido.

Amigos invisibles

Seguimos a un neno que lle fala a un amigo invisible. Ambos os dous póñense en marcha, atravesan as rúas, e chegan ó colexio... Alí manterán encontros cun profesor, cunha nena, con outro alumno...  Algo está en marcha e ao parecer, avanza imparábel. 

Amor ansioso

Unha vida cómoda non abonda para ser feliz se o que che atormenta é a imposibilidade de conseguir o amor que persegues.

Amor e fluídos

Videocreación onde unha parella atópase no interior dun coche nunha noite calquera. Estase a realizar nun torpe ritual de asedio amoroso.

Andares fabulosos

Pepe (Vicente Montoto) queda só tras a morte da súa esposa. Para superar estes duros momentos contará coa axuda do seu inseparábel amigo Antonio (Miguel Llanderas) e dunha afección, compartida coa súa defunta esposa, recentemente descuberta, a calceta.

A residencia

Unha vella dominante e a súa irmá. Un mozo engaiolado nunhas mans maternais. Bonecas que falan e coñecen escuros segredos. Estritas regras que se han de obedecer. Personaxes abandonados no fío da cordura. 

As almas do Fental

Xosé é un señor maior que vive no Fental, unha aldea do interior de Galicia que está a piques de quedar valeira. A historia trata sobre un dobre abandono, o que afecta ao rural galego por un lado e polo outro o que sofren os nosos maiores.

As cores do frío

Ambientada nun fogar frío e despiadado, carente de agarimo, a curta describe á nai do protagonista, maltratada polo seu home, traslada todo a súa carraxe cara á súa sogra, unha anciá prostrada que tamén foi maltratada. O neno non é quen de fuxir deste círculo vicioso de violencia.

As damas negras

Un esmoleiro aparece morto preto dun teatro no que catro actrices ensaian unha obra de teatro que trata sobre un asasinato. Dous inspectores moi peculiares irrompen daquela no ensaio para facer algunhas preguntas. 

As farolas

Co formato de falso documental, esta curtametraxe fala en clave de humor da incidencia das farolas na vida política e social nun concello rural galego.

As lavandeiras

Ano 1940, nos tempos da postguerra, unha nai e a súa filla van lavar ao río. Alí atópanse cunha muller que está a pedir esmola que fará, tras unha serie de conversas, mudar o seu destino, tanto da nai como da filla.

As louras prefírenos cabaleiros

O protagonista da historia está obsesionado coa sua veciña, unha guapa moza que garda un extraordinario parecido coa actriz Marilyn Monroe. Esta obsesión lévao a perseguila, mesmos disfrazándose para non ser recoñecido. A súa inteción en todo momento é protexela. 

As mazás casamenteiras

Esta historia trata sobre o feito de valorar a esencia das cousas e non a súa aparencia e a casualidade ou o destino provocan o encontro de dúas persoas moi especiais, un mozo e unha moza moi tenros, amantes da lectura e tamén das mazás do país, as máis saborosas, aínda que non teñan boa "pinta".

As muxicas

Unha parella de anciáns vive afastada da civilización na súa humilde casa. Un día o home decide comezar a cavar un burato para enterrar nel a súa muller, cando ela morra. Ela pídelle que o deixe, pero el teima en que a morte está preto para ela.

  

A soga da soidade

Un home vive nunha vila aillada de Galicia e ve como todo se vai derrubando ao seu arredor. Primeiro marcha a súa filla, despois a súa muller quítase a vida. Daquela el decide meterse na cama e soñar: A súa muller está feliz e a súa filla volta á casa nun perfecto día de nadal. 

As pequenas batallas

Dous amigos discuten sobre a continuidade do seu equipo de waterpolo, ante a pouca aceptación que a proposta levanta entre os membros restantes. 

As vacas de Wisconsin

Unha anciá vive nunha aldea galega coa súa vella vaca, que xa non lle dá leite. Un día na tenda do pobo aparece na TV unha nova da Universidade de Wisconsin. Descubriron que as vacas dan máis leite se escoitan música sinfónica. A partir de aquí comeza a aventura da anciá na procura de música clásica e un reprodutor para porlla á súa vaca.

As xoias da Señora Bianconero

Na presentación dunha colección de xoias, un dos camareiros, ferido polos dardos do amor, comeza a beber sen control e un malvado ladrón aproveita a situación.

Atma

Un día calquera. Unha muller vai ao traballo conducindo por unha autovía. Unha oficina. Uns cafeíños coas compañeiras. Un cigarro... Un paseo... Risos na noite... Dous amantes na intimidade adícanse doces palabras. Como a roda da vida, sen principio nin fin.

Atracados

Conta a historia de como os plans de roubar un banco de catro homes dá un xiro de 180º convertindo ós atracadores en atracados.Un cóctel explosivo con pistolas, enganos, cambiazos e unha dose alta de mala sorte.

Auga

Un coche nun lugar escuro e solitario semella presa fácil para un roubo. Pero mesmo o máis experimentado ladrón pode atoparse con terribles imprevistos.

Aurora

Fer leva unha chea de anos vivindo con Aurora. Hoxe aprenderá que todos temos un pasado, así non sexamos quen de lembralo.

Autómata

Cando botamos unha ollada á nosa vida cotiá, podemos apreciar que nos comportamos como formigas adoutrinadas, verdadeiros autómatas.

Automóbil

É venres e un executivo remata a súa xornada laboral. Sobe ao seu coche novo, conduce e entra no garaxe do seu apartamento de luxo. O que acontecerá alí cambiaralle a vida para sempre.

Ave Fénix

Alfredo de la Fuente é un ornitólogo que vive tranquilamente retirado rexentando unha Paxarería; un día recibe unha misteriosa carta que contén a diapositiva dunha Aguia Real.

A viaxe

Un director de cine sae á procura dunha localización para rodar o final da súa próxima película. Ten un accidente e queda aillado nunha estraña e fascinante paraxe pola que deambula hipnotizado ata que outro coche aparece ó lonxe: é o produtor da película.Os dous homes discutirán cal debe ser o final da historia.

A vinganza é un sentimento curioso

Historia que narra o consanzo dunha sociedade sometida ás normas impostas e establecidas por un estamento superior indefinido.

A volta

Comedia de 1971, con certos toques "gore", que plasma a historia dun emigrante galego cando volve de Francia ao seu pobo lucense, e non todo é como o esperaba...

A Xinecóloga

Narra a experiencia dunha xinecóloga que pasa consulta no seu hospital como tódolos días. Mais a seguinte doente…é un mozo!.Unha historia absurda contada dun xeito realista, o resultado, como di o propio director, é unha comedia kafkiana. É á vez, unha reflexión sobre as convencións sociais e a alienación burocrática.