(curtametraxes)

E boteime a andar

Nesta fita intimista, o camiñar polos diferentes lugares naturais ou artificiais, léva ao protagonists ata unha bonita praia do mar. A historia comeza cando chega ao mar...

 

Eco

A Eco quitáronlle a voz, e condenárona a repetir o que dicían os demais. Anulada, decide refuxiarse nunha cova e afastarse do trato humano.

 

Economía de mercado

Un home de negocios soborna a outro para obter datos confidenciais. Pero a el vanlle roubar esa información e a súa vida pode dar un xiro de cento oitenta graos.

 

Ecos, a ninfa Eco

Nun tanatorio calquera, un empregado fica a soas cun mozo falecido para podelo adecentar e preparar para que a familia o poida ver no seu velatorio.Algo vai suceder para que non sexa posíbel amañar ao morto...

 

Efectos colaterais

Conta a vivencia de dúas parellas novas, mais ás portas da madurez persoal, que se ven implicadas nunha trama sentimental que rematará de xeito dramático.

 

Ela

Un mozo esperta coa nova dun accidente de transito dunha moza. As consecuencias disto serán moi tráxicas para o mozo, ou non?...

 

Elia e o libro

Elia emprende camiño do Pico Sacro, cun libro e unha misión que lle encomendou seu pai. No mesmo monte enfrontarase ao poder da malvada Lupa, que pretende pusuír ese libro e que tentará impedir que libere ao seu criado Nuno, e aos santos Teodoro e Athanasio.

 
 

Empantanados

Unha nai heroica coida do seu fillo, un camión de butano acode a unha cita periódica, un fillo labra un eterno tiracroios, uns recordos confúndense coa realidade, unha tumba e o ruído dunhas máquinas fan que a historia non teña un final feliz.

 

Empatia

George Amherst, un individuo que conduce o seu Cadillac Deville polo deserto de Arizona. Foxe dunha pantasma que non é quen de deixar atrás.

 

Encontros na terceira idade

O que menos esperaba a señora Amalia era que ao sachar na horta ían comezar a darse sucesos inexplicábeis... Hai un mundo aí afóra.

 

Enfoques

Dous amigos pasan a tarde xogando a videoxogos e buscando posibles enfoques e situacións para contar nunha curtametraxe a historia que tieñen en mente.

 

En liña

A comunicación en liña e as novas tecnoloxías fannos en moitas ocasións ser escravos destas e deixar ao carón as relacións persoais e o contacto directo coa xente  

 

Entorrados

Un día calquera, un domingo quizais, mellor despois do xantar, ou de botar unha soneca... pos o teu traxe de romano, ou a túa perruca de sueco, o teu disfrace de corvo, a túa gabardina con parches, ou esa dentadura que che desfigura o rostro... e vas ti, e baixas á rúa, e sen preguntarte o porqué, camiñas e converxes... déixaste levar por inercia..

 

Entrecans

Nesta vida de cans, un home está a piques de vivir o peor día da súa vida. Unha comedia surrealista entrelazada con suspense onde sobran as palabras. A historia vira ao redor dun personaxe que se sente acovardado ante as situacións ás que se enfronta.

 

Entre o lóstrego e o trono

Durante o ano 2013, Xacio acompaña a Anacos, curtametraxe feita no 2012, no seu percorrido po festivais. Ao rematar e facer inventario: uns cantos vídeos sen un propósito claro e varias fotos de xanelas.Sobre o tempo entre obra e obra. Sobre a busca da idea. Sobre o medo a que non sexa a axeitada.

 

Entrevías

Se tes pensado suicidarte tirándote á vía do tren, estaría ben que tiveras un seguro de vida. Xa sabes que os vendedores de seguros aparecenche nos lugares más insospeitados. 

 

Esclarecer

Berto esperta desmotivado, sen desexo de facer nada, e vai dar unha volta co seu compañeiro de piso, lembrando o seu pasado. Ve unha realidade que quizais non é real, ou si?.

 

Esperanza

Un panfleto contra o alcol. Salvador, antes de ir traballar, despois de comer, antes de durmir... sempre visita o bar para tomar unha chiquita, un cubata, ou un brande. Esperanza, a súa muller, dálle a elexir, entre a familia ou a bebida, e marcha co fillo á casa da avoa.

 

Estación Decembro

Dúas persoas “un pouco rariñas” atópanse nunha estación de tren. El debuxa e ela non para de tecer. E claro, xorde un amor tímido. Pero hai un obstáculo que semella insalvábel.

 

Estado e pobo

Cando o equilibrio se perde Pobo esperta do seu letargo. Cos ollos cegos e sen orientación Pobo necesita respostas. Comeza entón a viaxe de Pobo a través dun mundo metafísico onde interectuará con todos aqueles conceptos que o despertaron do seu letargo.

 

Estereoscopía

Emilio vive só nun pequeno apartamento, refuxiado no anonimato dunha grande urbe. Un día ao ir traballar sofre un accidente que lle fará cambiar a forma de ver as cousas. Esta obra é a terceira parte dunha pentaloxía adicada a os sentidos. Corresponde neste caso á vista.

 

Etcétera

Unha moza chega correndo a unha azotea, semella que coa intención de tirarse ao baleiro. O único que sabemos dela é que leva posto un traxe de noiva, máis nada. Achega os pés á mesma marxe do edificio, con moito coidado, e olla ao lonxe. E chora. Chora, sen máis.

 

Exitus

Un misterio está a agardar por nós nun piso calquera dun lugar calquera. É o misterio mesmo o que nos narra a historia do que puido ser, do que foi.