Durante unha rodaxe uns inexplicables erros de raccord sucédense no plató. O director pasará da incredulidade inicial á máis absoluta desesperación cando estes erros pasen do plano da imaxe ao da realidade.
A historia desvelaranos intres clave na vida de Teo, dende a súa infancia ata a actualidade, pasando por unha adolescencia dura... Rancor é unha historia da vida. Fálanos do medo e a soidade, os logros, o abandono, a tristura, o “amor”…Ambientado en Galicia nun marco rural dos anos 80 ata a actualidade.
Unha ollada ao interior dunha alma atormentada pola súa propia maldade. Unha viaxe pola conciencia dun ser que asumíu a violencia como bastón xusticieiro, mais que, finalmente, perde a súa particular batalla contra si mesmo.
Carlos e Ana coñécense unha noite nun bar e gústanse. Despois quedan para unha primeira cita. Dan un paseo á beira do río mentres intiman e ábrense o un ao outro: máis risas, moitas máis miradas, moita máis conexión. Bícanse...
Unha moza nova volve a Tagen Ata, a súa terra e un país sen liberdade, para se entrevistar co líder da resistencia interior, e personaxe misterioso. Na entrevista este dille que xa non hai motivos para a loita tras concederlle desde o poder central certa autonomía ao país.
unha fada quedou petrificada na Idade Media, e cada ano, coincidindo co solsticio de verán, volve á vida para tentar a un mozo da parroquia para escoller entre ela e un tesouro. A avaricia leva finalmente aos escollidos a decantarse pola segunda opción, polo que fican petrificados.
O home de Rosa non volverá. Levouno o mar. Ela busca consolo nos recordos, pero descobre que non son abondo para calmar o baleiro de tantos anos de soidade. O mar é a clave na vida destas persoas, tanto para os que están, como para os que xa non.
Un relato dramático sobre o xeito de vida actual, a incomunicación entre os membros familiares, a soedade, o illamento persoal e o posterior sentimento de desacougo e falta de rumbo.