F (curtametraxes)

Fábula. A terra meiga (alén da máxia)

Na Mámoa do Mouro, nas Terras de Barzán, o mozo Emilio anda atrás da Trabe de Ouro. Trinta anos despois, o vello Emilio conta, antes de dormir, aos seus netos Xan e Rosa, as historias de trasnos, elfas, donas, meigas e diaños. O home relata as cousas que lle pasaron no mundo alén da maxia.

Fame

Un mundo devastado por unha catástrofe nuclear, un momento no que a humanidade debe partir de cero. Inspírase un pouco na situación de crise económica, que pode reforzar aínda máis o individualismo e a idade de sálvese quen poida.

Far blues

Lucas é un mozo namorado toliñamente de Laurita, mais non é quen de llo confesar. Laurita, bonitiña e xeitosiña, comeza a saír cun coñecido presentador e humorista da Televisión. Na festa de licenciatura,

 

Fendetestas

Fendetestas é o alcume de Xan de Malvís, un xornaleiro que se mete a ladrón de camiños acubillándose no frondoso bosque.

Flashback

O mundo camiña cara atrás. Só unha persoa é quen de ir cara o futuro, os demáis levan o rumbo oposto.

Flores para Amalia

Amalia e Alfonso pasa os últimos anos da súa vida nunha residencia de maiores. A Enfermidade de Amalia fará que Alfonso tome unha desisión.

Fotomotown

Cando un mozo se dirixe a un fotomatón para facerse unha foto, este decátase de que o resultado final non era o el agardaba. Un fotomatón con alma soul.

Four tickets to Paradise

Catro amigos, tras meses de preparación, hoxe poden cumprir os seus soños de conseguir por internet unhas entradas para o espectáculo das súas vidas.

Freud e Compañía

Freud e a psicoanálise entran na grande empresa. Se estades no paro, algo habitual nestes tempos, preparádevos porque este será o futuro dentro do mundo dos Recursos Humanos. 

Fume

Edu, un decorador de interiores, visita a un dos seus clientes. Unha visita de consecuencias e connotacións insospeitadas.A paixón, as traizóns, o crime, mestúranse nunha historia intrigante. 

Fume (2)

Unha historia moi cotiá sobre a morte e as sensacións de valeiro que se crean tras dela, mentres un tenta fumar un cigarrillo para poder acougar os nervos, e tentar fuxir dese amargo monento.

Funeral afónico

Cando a protagonista sae do traballo, unha vella fábrica de conserva, atopa un espello e recólleo. De volta na casa, unha presentadora sensacionalista na TV fala de casos de antropofaxia e autopsias erradas. Despois tres voces cantan unha canción de berce arxentina. ...