A TOLA
Foi unha das primeiras curtametraxes feitas en Galicia Na ditadura . Dirixida por Miguel Gato, con imaxes realizadas na localidade de Cereixo, no concello de Vimianzo. Simboliza unha denuncia da represión política exercida pola ditadura franquista sobre Galicia. Baseada nun conto orixinal de Francisco Taxes, proxectouse nas III Xornadas de Cine de Ourense. Foi secuestrada polo TOP (Tribunal de Orden Público da ditadura) e perdeuse na Dirección General de Seguridad, en Madrid.
Un país é invadido e todos os homes fusilados. A muller protagonista é torturada e encerrada nun manicomio, os berros do seu fillo óense entre os seus muros como un son de esperanza.
Titulo orixinal: A tola Emisión ou proxección: III Xornadas de Cine de Ourense |
FICHA ARTÍSTICA
Axudante de dirección: / Francisco Taxes
Guión: / Francisco Taxes / Antonio F. Simón / Miguel Gato / Xabier Iglesias
Axudante de produción: / Francisco Taxes
Produción: / Miguel Gato
Montaxe: / Miguel Gato
Director
Miguel Gato |
Elenco
Suri Sánchez | Fernando Morán |
Autor da obra
Francisco Taxes |
IMAXES DO FILME