Un sorrinte rapaz, en compaña do seu can, atópase cuns misteriosos globos que chegan do ceo. Os dous amigos descobren que os máxicos globos agochan mensaxes no seu interior, e que poden ser escoitadas cando os globos son desinflados pouco a pouco...
Un Concelleiro de Cultura está farto de tanta exposición de arte contemporánea que non entende ninguén. Para sacar o museo a flote necesitan algo "caralludo" que impresione aos de Bruxelas. Nada máis vangardista que unha boa `instalación´.
O Tenente Álvaro de Souto-Maior regresa ferido de ultramar a un hospital de oficiais situado nunha misteriosa illa. Logo dos especiais coidados do doutor e da enfermeira e da escoita dos monólogos do seu superior, o convalecente tenente espertará totalmente curado e abandonado, o que propiciará a súa penúltima decisión.
Curtametraxe realizada por Eugenio Granell no 1960. Fita rodada en Súper 8 e coloreada a man, forma parte dun primeiro grupo de curtametraxes surrealistas que inclúen Invierno (1960), Lluvia (1961) e Dibujo (1961) que teñen un valor artístico claro porque os rolos orixinais obrigan á proxección manual converténdoo a exhibición dun xeito case privado.
Laura é unha rapaza que acaba de mercar unha cámara e proponse gravar unha curta sobre desigualdade, para o que pide axuda a dous dos seus amigos. No proceso de creación descobre que as desigualdades existen incluso nos lugares máis inesperados.
Un home chega a unha remota paraxe na Serra do Caurel para cumprir unha promesa feita ao seu avó antes del morrer: Procurar o perdón de Isolina, a muller a quen o avó prometera facer a súa esposa