O (curtametraxes)
Baseada na historia da canción The gift (O agasallo) de Lou Reed escribira, incluído no segundo disco de The Velvet Underground. "Traxicomedia" onde o destino xoga unha mala pasada ata chegar ao sub-realismo. |
|
Conta unha historia usual de relación de parella, onde os ciumes, a desconfianza e as brigas se mesturan, mais nesta ocasión o final vai un pouco máis aló do que u podía agardar.
|
|
Quim Barreiros cantaba Quero cheirar teu bacalhau, un tema que ameniza dende a radio dun coche unha matanza delirante á beira dun camiño. Sangue a esgalla por unha manchea de euros. |
|
Inocencio vive nunha vila galega sometida por un cacique. Unha noite, xogando unha partida ó tute con Damián, un dos subordinados do cacique; matao sen querer. Desesperado, pídelle axuda a Romualdo, un dos homes máis respetados e influíntes da vila; para desfacerse do cadáver no medio do monte. |
|
Un ladróns fanse pasar por uns homes que levan un cadaleito baleiro e pidenlle a uns ricos da vila que lles deixen quedar ali o susodito cadaleito porque estaba chovendo e podiase mollar. |
|
Historia de amor, real, sucedida en Boiro, enfiada nas arterias do mundo tradicional galego: as congostras e corredoiras. Está visualmente contada cunha enorme delicadeza. Pero nas contidas palabras dos seus protagonistas ferve toda a emoción dos seres humanos. |
|
O camiño das estrelas: Galicia Documental que pode pasar por unha película de ficción, pois ten un fío argumental ou conductor dunha historia, dun fermoso conto que parte dunha alegoría, a personificación de dous territorios máxicos: a montaña e o mar; o lobishome e a serea. |
|
Unha moza síntese acosada porque nas paredes da súa cidade apareceu unha chea de carteis coa súa imaxe onde se poide ler a palabra "Gústasme". Quen será?,..Que pretenderá?... |
|
O argumento deste filme está baseado nunha historia de amor na que os seus participantes están marcados polas súas tendencias suicidas. |
|
Un cazador e unha campesiña atópanse nun prado co peso dunha relación pasada nas súas costas. A construción da emoción, a elaboración dunha ficción: da palabra á imaxe. Hai tres partes ben diferenciadas. |
|
No medio dun clima de belicismo sen lindes, ainda hai un lugar onde se libra a máis fera das batallas: a psique do ser humano. Por riba da dor e da vontade, o cidadán 3398-MVB enfrontarase nesta historia claustrofóbica a unha verdade máis dura incluso: á súa real existencia sen outra alternativa que a da propia fuxida desesperada pero... cara onde?... |
|
Inspirada nun vello conto popular, esta película conta a historia dun home egoista que non quere compartir o seu porco cos seus veciños, e acaba caendo na súa propia trampa. |
|
O fillo do Coxo vaino ver de cote para lle levar de comer. No sobrado séntese a presenza de alguén máis. |
|
O día que Ana deixou de ser Ana e segiu sendo Ana Despois dun episodio traumático para ela, Ana viaxa acompañada da súa inseparábel maleta e aluga un cuarto nunha pensión para tentar afacerse a el. |
|
Conta a historia de tres persoas encerradas nunha habitación trazan un mapa de confianzas e desconfiazas no que todo é posible e nada é o que parece. Quen será o elixido? |
|
A vida moderna, con tantos medios técnicos que nos aportan información, pódenos illar e facer perder a comunicación entre todos nós. |
|
Nunha fermosa tarde de primavera, unha persoa está a ler nun parque. Ao cabo dun pouco chega un gaiteiro que comeza a tocar. A paz do lugar verase interrompida e o lector non estará disposto a aturalo. |
|
Un guionista desacougado, en plena crise creativa, tenta rematar o guión que ten que entregar ao produtor. Será quen de facelo?. |
|
Un home adiñeirado morre deixando como herdeiro ao seu neto. Este terá que viaxar ao lugar do avó para descubrir as súas últimas vontades. |
|
Ollos, Manuel, Castro e Petos rouban un banco e na fuxida o último é ferido de gravidade. Daquela deciden parar nun hospital abandonado na procura de medicinas. O que eles non saben é que algo maligno aínda pervive no hospital. |
|
Magda e Leo son dous universitarios do Campus de Ourense que comparten un pisiño vello e desvencellado de tres dormitorios. Como dous estudantes calquera teñen os seus problemas económicos inherentes que os impulsan de continuo a tentar alugar o terceiro dormitorio da vivenda,mais non é doado, nada doado. O cuarto prohibido non é axeitado para calquera. |
|
Ao morrer Hitler en 1946, é soterrado na parroquia de Nogueira. Os seus lugartenentes, o doutor Manfred e Helmuth, reciben o apoio do Xeneralísimo Franco quen intercede diante da Marquesa de Tor a prol do advenimento dunha raza aria, o rexurdir do IV Reich. |
|
No verán do ano 2006 o monte galego ardía arreo en lumes prendidos por desalmados e interesados. Mais agora, o monte vai ter quen o protexa... E leva fouces. |
|
Comedia negra que aborda un tema característico e moi representativo da idiosincrasia galega: a morte. A historia confronta esta realidade co “crime perfecto”, unhas das ideas que ten sido máis veces retratada na historia do cine. |
|
Os marcos indican o sentido da propiedade e derivan en ocasións en fonte de disputas. Unha pequena historia localizada no mundo rural galego. |
|
Dous camellos de pouca monta, Fran e Tuto, van ao aeroporto a buscar a Lola, a moza de Fran. Lola chega de Venezuela portando cocaína no estómago. Cando parece que todo saiu ben, ela comeza a atoparse mal e morre de súpeto. |
|
Un home desencantado co seu matrimonio e canso das humillacións da súa muller, só pensa de xeito obsesivo en como matala. |
|
O litixio pola herdanza dunhas terras crea un problema entre familiares. Coa peza preténdese mesturar temas do rural galego profundo coa estética dos filmes de Sergio Leone. |
|
Unha persoa garda na súa vellez o que lle regalou un cineasta cando de pequeno viu o mar por primeira vez. Eses recordos son o que lle permiten seguir vivindo. |
|
Alemaña, 20 de Xullo de 1944. Nesta curta relatase a verdadeira historia despois do atentado contra Adolf Hitler. |
|
Miguel é un emigrante galego que viaxa nun tren mentres lembra a súa infancia. Cando era neno esperaba que seu pai, que viña da emigración americana viñera cheo de cartos e fartura. En realidade veu peor que cando marchara. |
|
O pano de cores narra a fermosa historia de amor dunha parella na que un deles anos máis tarde padece Alzheimer. Con ela preténdese axudar a concienciar e sensibilizar sobre esta enfermidade. |
|
Este filme está ambientado na fronteira entre Portugal e España nos anos 70. Todos os días un rapaz (Suso López) cruza o control da Garda Civil transportando un paquete misterioso nunha bicicleta. |
|
Un peregrino está a facer o Camiño de Santiago para poder esquecer a recente ruptura sentimental coa súa moza. Coñece a unha rapaza que semella que lle gusta pero algo vai pasar... |
|
Peza de vídeoarte. O azar da natureza, un cruce entre unha experiencia de arte aleatoria e un experimento biolóxico. A música do vento percute no carillón de Madeira pendurado das ponlas dun Carballo maxestoso situado nunha chaira perdida. Aí está o resultado. |
|
Blanca e Héctor conviven encerrados nun apartamento. Non son parella, nin tampouco amigos; semellan ser descoñecidos. Aparentemente trátase dun experimento científico sobre os trastornos obsesivo compulsivos. Baixo a atenta mirada de dous médicos, Héctor realiza unha terapia de choque contra a obsesión de linearidade (orden lineal) que sofre Blanca. |
|
Videocreación onde se empregan as imaxes de "A paixón de Xoana de Arco" de C. T. Dreyer (1927) para darlles un novo significado, a través das memorias de Antonin Artaud, arredor da expulsión deste da Internacional Surrealista. |
|
O tema principal deste filme é a violación dunha menor. Dous únicos personaxes: a adolescente e o violador, unha rapaza duns dezasete anos e un home de trinta, que é tamén o narrador da historia. Unha historia dramática onde el escribe todo o acontecido no seu blogue. |
|
Historia na que se recrea o alzamento de Pascua en Irlanda de 1916, que se considera o punto de partida da independencia do país. Con Patrick Henry Pearse, líder dos rebeldes como eixe, o proxecto quere amosar a parte máis humana deste proceso. |
|
As veces un non quere ver ou ouvir o que non lle gusta. Que pasa pola mente dunha nai cando os seus fillos deciden marchar e abandonala?. |
|
1997. Unha pequena vila ao carón dun río atravesado por unha ponte; un camiño de ferro sobre un río de auga. Xinés ten seis anos e un irmán Manuel de vinte, pero atrasado, un neno grande: son os fillos do enterrador. A súa nai marchou da vila unha vez no tren pola ponte de ferro e Samuel garda como un tesouro as memoria do tacto das súas mans. |
|
Mario, garda de seguridade nun concesionario, vive unha crise matrimonial. A súa muller e o fillo son afeccionados a un programa de TV lixo e un día, cando parece que a parella toca á súa fin, resultan convidados ao show. |
|
Catro fidalgos van cazar á Serra do Courel, mais fican illados pola neve e pasan as noites na torre en que se aloxan contando contos á luz do candil. Un dos contos fala de lobos que atacan a homes sós que se adentran nos camiños do monte. |
|
A desaparición dun segundo bebé na cidade de Lugo sen deixar rastro, convértese no gran caso da curta vida laboral de Laura, unha axente de policía en prácticas e da súa compañeira de traballo, Isa, unha policía déspota e de volta de todo no mundo do crime. |
|
Unha rapaza pretende facer unha ponte entre dous montes, pensando que será unha vantaxe para o seu pobo. Na busca de axuda atoparase con Castelao e Basilio Álvarez. |
|
Dous esmoleiros, Rufino e Cromo, tentan sobrevivir coa axuda dos transeúntes da rúa. No seu afán por mellorar, estes dous bos homes atópanse cunha inesperada inimiga, a insensíbel muller que rexenta o restaurante do rueiro. |
|
Os vellos non deben de namorarse (lance III) Adaptación do lance terceiro da obra homónima de Castelao. Trata sobre unha moza que a queren casar cun vello por interese, para que toda a familia esté ben, mais ela está namorado dun mozo da súa idade. |
|
Un teatro, un espectador, un teléfono. Unha pesoa lendo o xornal sentado nun sofá, outra senta ao seu carón e comeza a beber. O teléfono empeza a soar e ...Será certo o que di o seu autor? Que este video é aburrido, infumable e incluso sen sentido?. |
|
Algo pasa no mundo, estanse a producir desaparicións sen moita lóxica nos tendais da xente. Estraños sucesos... |
|
Visións ou soños onde aparecen estraños personaxes, tendo como elemento común a busca do tesouro e a forma violenta de tratar a morte coma no caso presente, no que os celos levan á morte ao amante e anos despois ao seu descendente no mesmo lugar. |
|
Unha nena está a pasar uns días cos seus avós.Pola tarde dall o sol na cabeza e isto semella ser a causa pola cal anena mestura o mundo real co mundo da fantasía. Pola noite, lendo un libro de cor azul, coñecerá a historia duns personaxes de conto que tratan de liberarse dun meigallo para poder asistir á foliada da comarca. Unhas mozas de cor azul axudaranos. |
|
Fronte a unha lareira, un home conta como as crías dunha porca brava fuxen cheas de medo despois de ver a súa nai morta por disparos. O tito non vai ben. |
|
Un ancián pasa o día diante do televisor que o seu fillo e a súa nora lle puxeron diante. O avó non é para eles máis que un trasto, ó igual que a televisión que tanto odia pero que é forzado a ver. O punto álxido da historia acontece o día que o Deportivo da Coruña gaña a liga. |
|
Un mozo e unha moza fronte a fronte, nun xogo onde o que saia derrotado ten que perder algo máis que un puño de euros. |
|
Rafael vese na obriga de matar a un compañeiro de xogos para ser aceptado no grupo. Foi detido e encerrado no reformatorio. Alí ten como único divertimento xogar á guerra, caza moscas e afógaas na pileta. Durante este tempo, planea a súa vinganza contra O Rata, o líder do antigo grupo. |