A ESTADA

Curtametraxe de ficción rodada en 16 mm no 1957 e no 1958. Foi escrita e dirixida por Rogelio Amigo e producida polos irmáns Docampo. Este filme amateur de corte social é unha obra pouco coñecida da cinematografía galega. A presión da censura do réxime franquista foi tal que os irmáns Docampo, donos dunha tenda de electrónica da Coruña , decidiron agochar a fita nun rocho, lugar no que permaneceu esquecida ata hai un ano, cando Lili Films a rescatou do ostracismo.

Exemplo insólito de neorrealismo galego afeccionado, un duro melodrama que narra as vivencias de Juan, un obreiro que morre nun aparente accidente laboral cuxas orixes levan aos comezos de da Guerra Civil española. Amosa un país sen liberdades, de picaresca, de explotación e de fame da posguerra, a través da historia dun obreiro da construción protagonizada por José María Pujalte, pai da actriz María Pujalte.

Titulo orixinal: El andamio
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Drama
Produción propia 
Realizada en branco e negro
Duración: 33´
Orixe: Galicia
Ano: 1958
Idioma V.O.: Castelán
Orzamento: 5700 ptas (34 €) 

                

Produtora: Carballal Films
Restauración: CGAI

FICHA ARTÍSTICA

Cámara: Antonio Docampo / Carlos Docampo / José Docampo
Dirección fotografía: Antonio Docampo / Carlos Docampo / José Docampo
Guión: Rogelio Amigo
Produción: / Antonio Docampo / Carlos Docampo / José Docampo / Rogelio Amigo
Montaxe: Rogelio Amigo
Xefatura de son: Antonio Docampo Carlos Docampo / José Docampo

Director

Rogelio Amigo

Elenco

José Mª Pujalte Marisa Naya Pepe Redondo José L. Caramés Juan R. Guisan 
María C. Bermúdez Francisco Cajigas Enriqueta Lesta Manuel Castelo José L.Cuadrado
María C. Bermúdez Francisco Cajigas Enriqueta Lesta Manuel Castelo José L.Cuadrado
Antonio Souto Roberto Reboiro

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

español (parte 1) español (parte 2)

VER O TRAILER / ANACO