Á BEIRA DO ACEITEIRO

Curtametraxe experimental gravado en San Sadurniño o día 6 de setembro de 2015 dentro do programa da Chanfaina' Lab polo vigués Victor Hugo Seoane.

Breve inmersión nas augas dun río que noutrora bulía á par do renxer dos grandes rodicios. Convite á relaxación e a deixarse levar pola beleza desta paraxe única de San Sadurniño. Unha reflexión sobre o pasado en que existía un equilibrio case perfecto entre a natureza e o xeito en que as persoas lle tiraban proveito.

Titulo orixinal: Á beira do Aceiteiro
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Videocreción, experimental
Produción propia 
Realizada a cor
Duración: 4´
Orixe: Galicia
Ano: 2015
Idioma V.O.: Ningunha lingua

Emisión ou proxección: Chanfaina Lab               

FICHA ARTÍSTICA

Cámara: Victor Hugo Seoane
Dirección fotografía: Victor Hugo Seoane
Montaxe: Victor Hugo Seoane

Director

Victor Hugo Seoane

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA