Bruno ten unha moza fermosa, unha vida acomodada e vén de ser ascendido no seu traballo. Nada lle fai sospeitar que todo isto mudará no momento en que coñece Lilith, unha preciosa muller coa que pasa a noite. Ao día seguinte, unha serie de desventurados acontecementos farán que Bruno chegue á total tolemia.
Fita rodada en Súper 8 e coloreada a man, forma parte dun primeiro grupo de curtametraxes surrealistas que inclúen Invierno (1960), Lluvia (1961) e Dibujo (1961) que teñen un valor artístico claro porque os rolos orixinais obrigan á proxección manual converténdoo a exhibición dun xeito case privado.
Aurora quere descansar en paz ao carón da súa familia. Sabe que o seu tempo se esgota. A sedación impídelle comunicarse cos seus, mais tampouco precisa diso, tan só quere escoitalos e sentilos, saber que están preto dela. Pola súa habitación pasan veciñas, amigas, un crego...
Dun xeito ou doutro a todos nos chegará o momento no que teñamos que enfrontarnos ó día máis importante da nosa vida. A Bernucho chegoulle hoxe, e para iso non dubida en acicalarse co seu mellor traxe, non gardado para esta ocasión en concreto.
Dende que as empresas se sumaron á moda dos contestadores automáticos, cada vez resulta máis difícil telefonar a alguén de carne e oso. Se quere ver esta curta, marque un. Pero déase présa, que o tempo se bota enriba.
A Casa Encantada, un lugar de referencia tanto para o movemento okupa como para o asociacionismo alternativo, viña de ser desaloxada tras doce anos de actividade sociocultural para construir no seu lugar un bloque de vivendas. A noite previa ao desaloxo gravouse este vídeo-clip a xeito das peliculas de terror clásico.
Coma cada día, Marcel esperta nun bosque do que semella non atopa-la saída. Logo de pasar tempo vagando, atopa ó seu amigo Xabi, que anda igual de aturdido e desorientado. Xuntos procurarán o camiño para saír desa paraxe e seguir coas súas vidas, non sen antes descobrir unha aterradora realidade.
Aborda a historia de dous amantes que se atopan tras anos de separación no Vigo de 1968. Aínda que cada un ten a súa respectiva familia, non poden evitar retomar a súa relación que finalmente acaba nunha nova separación.
Avelino é un septuaxenario que vive centrado no coidado da súa muller. Teresa, que padece unha enfermidade que a ten prostrada na cama a maior parte do tempo. A vida de Avelino transcorre con certa normalidade ata que empeza a notar os mesmos síntomas.
Un artista de idade avanzada coñece a un home novo a través de internet. Namóranse en pouco tempo. A súa relación, que comeza dun xeito romántico, remata cun final cruel e inesperado.
Diego é un home cun obxectivo, aínda que os seus intentos até o momento foron en van. Recorrerá a unha medida desesperada: Falar coa súa ex-moza, Sonia, e xogalo todo a unha soa carta.
Tres microhistorias ambientadas na cidade de Lugo forman un só relato. Unha historia de amor, unha morte anunciada, un desexo, unha viaxe e un desenlace.
Samuel é un mozo algo excéntrico, falto de atención e un chisco dado aos dramatismos, logo de dous intentos fracasados, decide saltar dos altos cantís da súa terra. Neste mesmo lugar atopa a Ricardo, un home que, aos seus corenta anos e acabado de divorciar, vese sen casa, sen familia e sen traballo e decide quitarse do medio.