B (curtametraxes)
Nesta familia.todo semella encaixar perfectamente de portas para fóra. Olivia, a filla, non é consciente da realidade que está a vivir, xa que Rafa, o seu pai, ten todo tan ben estructurado que non deixa nin un só fío solto para que Olivia poda ver o que realmente está a pasar na súa familia. . |
|
Carmiña e Xan é unha parella de Muxía que pasa por distintos sucesos que farán reflexionar a cada un deles. |
|
Baseado en feitos reais...que puideron ter acontecido Unha furgoneta de aluguer circula de noite e, de súpeto, aparece un control da Garda Civil. A partir daí móntase unha lea que ninguén podía imaxinar. |
|
José Luis perténcevos á tribu urbana dos “sinistros”, Raul é un “friki” dos video-xogos e Eva unha fervente adepta da astroloxía. Os tres sofren a marxinación dunha maioría que os rexeita por seren “diferentes”. |
|
Un home inadaptado senta nun bar a reflexionar sobre a vida e sobre os parroquianos do bar, mentres toma unha cervexa. O bar non é outro que o Berberecho, situado nunhas galerías do ensanche compostelán. |
|
Helena é unha actriz de Allariz que chega a Santiago de Compostela a facer un curso de danza, instalándose no piso da súa amiga Carmen. Alí atópase con Diego, en certo modo parella de Carmen, e entre os dous xorde certa tensión sexual. |
|
Un mozo cun currículum excelso acode a unha entrevista laboral para ocupar un importante cargo. Todo indica que o posto será para el, ata que abre a boca... e fala galego. |
|
Cando unha moza queda fóra da casa sen chaves verase nunha espiral surrealista para tentar amañar a incómoda situación. |
|
Un obreiro fai uso da máxia negra para cambiar e mellorar o seu destino, ao intercambiar a súa vida pola de outra persoa que quizais estea nunha mellor posición social. Que vai acontecer? |
|
Ramón évos un broker de bolsa moi particular, un individuo cara dura, ao que só o motivan dúas cousas, o sexo e os cartos.
|
|
Un home camiña perdido polo deserto; ten pouco tempo antes de caer desfalecido na búsqueda dunha saída. Unha muller esta durmida dentro dun túnel; soa o móbil, esperta e comeza a camiñar. Dous personaxes diferentes pero co mesmo punto en común: a procura. |