Max está lembrando todo o que lle sucedeu ao seu pasado, dende a morte ata o día do combate, onde deberá tomar unha decisión de vida ou morte. A loita polo título mundial de boxeo está a piques de comezar. Os loitadores están nos seus vestiarios preparados para o combate.
Interesante relectura do filme 13 lakes do estadounidense James Benning, no que dedicaba un plano fixo de 7 minutos a cada lago. 13 pozas está lonxe desa amplitude. Respecta o número de planos, mais recórtaos ate un minuto.
Historia ambientada na Guerra Civil. Dous republicanos fican atrapados nunha praia. Saben que cando suba a marea morrerán afogados, así que loitan para sobrevivir e comezan a cavar na rocha un burato polo que poder fuxir do tráxico destino que lles agarda.
María é unha moza que traballa para Santi, un garda franquista que ten como misión aniquilar "os roghos" dunha lista que lle facilitaron os seus supervisores.
Nemse é un cineasta novo e inquedo que revela ao seu amigo Milo un reto técnico complexo: Xuntar un equipo de rodaxe para tratar de concretar a filmación dos primeiros 24 segundos do minuto 24 de cada unha das 24 horas que conforman un día 24 do mes.