M  (curtametraxes)

Macana de dote, che

Un desempregado sen porvir faille as beiras a unha moza casadeira, filla única, herdeira dunha grande fortuna. O pai dela  "fixo as Américas” en Bos Aires,  e non ve con bos ollos a relación da súa afortunada filla cun chaíñas calquera. 

Máis que un soño

Un ancián maltratado pola súa nora verá cumprido o seu gran soño, xogar no Real Clube Celta de Vigo, grazas ao seu neto.

Making son

Esta é outra das curtametraxe en forma de comedia que fixeron os alumnos de Soncine do IES Porto do Son, coa participación e axuda de Víctor Fábregas,  Luis Avilés e Fran Piñeiro, nun proxecto de acercamento do cine ás aulas.

Mala herba

Un home de cidade ten dificultades coa súa parella porque non é quen de rozar o mato que rodea a casa. Non sabe o que lle pasa á mala herba,  nin por que ás veces acorda deitado no medio dela sen lembrar como foi parar ali. Se cadra é por mor dalgo que fuma.

Maleteiro

O roubo dunha mercadoría a un narco local importante e a súa posterior busca poñerá a Pazos no punto de mira. O día en que Pazos e Barroso se coñecen deben enterrar un cadáver. Despois fanse compañeiros e teñen moitos máis traballos no mundo do crime organizado.

Mamasunción

Mamasunción é unha anciá que vive nunha remota aldea. Cada día, durante corenta anos, acode á oficina de correos en espera dunha carta do seu fillo emigrado. Por fin, un día o carteiro entrégalle a Mamasunción a carta longamente agardada. Primeiro lella unha veciña, e dille que o fillo está ben e que axiña escribirá de novo. Porén, iso non era o que a carta poñía.

Mans mortas

Este thriller está ambientado nunha pequena aldea de Galicia onde aparece o cadáver dunha veciña nun bosque próximo, pero o resto dos veciños deciden non chamar ás autoridades. E para empeorar aínda máis as cousas, unha moza senderista aparece no pobo no momento menos oportuno. 

Mar

Un profesor atrapado na memoria da súa filla morta protagonizado polo desaparecido actor esteirán Xosé Manuel Olveira "Pico"  e unha alumna no seu último día de clase protagonizado por Antía Maneiro. Unha curta que contrapón a obsesión da memoria e a vida.

Mártires

Tres mozos que suben ao Petón, un outeiro preto da súa vila, para beberen unhas cervexas. En canto beben e fuman falan do seu futuro, sen saber que poucas horas despois ese futuro deixará de existir debido a un accidente de tráfico.

Masacre

Un novo voluntario chega a unha asociación de discapacitados intelectuais. Cando comezan a xogar, alguén comeza a asasinar.

Máscaras

Carlos éche un home de corenta anos cunha vida monótona. Un día sen esperalo coñece a unha muller que o namora, mais ten medo a que ela non o acepte fisicamente. Ela chámase Cristina e atópase na mesma situación  del. Mais, ámbolos dous daranse conta que o que importa é o interior.

Matria

Ramona mora co seu home, con quen case non se comunica, e traballa nunha fábrica conserveira gobernada por unha encargada déspota. Fronte ás adversidades rutineiras da súa vida, Ramona tenta acubillarse na relación que a une á súa filla e á súa neta.

Mazás e mandarinas

Un mozo estalle a contar a outro que quere deixar a súa relación coa súa noiva, e o amigo fálalle de que existen dous tipos de relación: unha que é semellante a unha mazá, e outra que se parece máis a unha mandarina...

Mémoram

Xurxo aparece morto nunha habitación valeira. Brais padece unha enfermidade mental que non lle deixa crear recordos, el non desexa seguir vivindo con esa maldita enfermidade. Xurxo escríbelle unha carta contando o que ten e o que debe facer para suicidarse, e Xurxo realiza perfectamente todos os pasos, pero non todo acabará como se espera...

Meniña

Unha ventá aberta, unha porta cerrada, a voz da nai facendo eco nas paredes do cuarto, e agora, tantos anos despois, Laura responde novamente a esa chamada, e nin ela mesma sabe por que, se cadra para cerrar aquela porta, para abrir aquela ventá, para que cese dunha vez o eco interminable daquela voz...

 

Menthe

Martín leva tempo perdido e confuso. Os seus desexos e sentimentos de culpa entran en conflicto; conflicto que encarnará o seu ocaso final baixo a cor verde da menta e da man de Vera...

Metamorfose 5

Curta baseada na obra A metamorfose de Kafka, onde un neno galopín, fachendoso e mal criado é picado por unha clase de mosca, que estivo aletargada, durante unha visita escolar. 

Metrocabina

Debido ás novas tecnoloxías actuais, o desprazamento a través das cabinas telefónicas xa é posíbel. Terá algunha desvantaxa este sistema?.

Middlebury

Fita rodada en Súper 8, forma parte dun segundo grupo de curtametraxes surrealistas que inclúen tres obras: Trompos (1961), Middlebury (1962) e Película hecha en casa con pelota y muñeca (1962), que teñen un valor artístico claro porque os rolos orixinais obrigan á proxección manual converténdoo a exhibición dun xeito case privado. 

  

Mimo

Conta a historia dun mimo que, trala súa faciana cuberta de pintura branca, agocha unha vida e uns sentimentos, e quen sabe se outras persoas tamén poden agochar sentimentos?.

Minas

1938: Ramón, soldado falanxista que escapa dunha emboscada, é o único sobrevivente do seu batallón. Con moito esforzo logra fuxir internándose nun bosque; alí descobre o cadáver doutro soldado, o que lle fai sospeitar que pode estar sobre un campo de minas.

Mind the gap

Relación turbulenta sentimental e vital de desencanto, engano, ciumes. Unha amante aburrida e cansa de que a súa parella só se adique a atender ao seu ordenador, busca entretemento noutro sitio...  

Mínimo común multiplo

A curtametraxe narra a historia de Andrea (Marta Larralde), unha moza de 30 anos que vive instalada nunha rutina laboral e sentimental que se esnaquizará no momento máis insospeitado. Unha historia de amor contada en clave de suspense.

Mínteme outra vez

Un home bebe diante dunha tenda aberta de noite. Chega un coche e del baixa unha muller. El vaille falar, ten algo que pedirlle.

M is for Melón

O ser humano ten ás veces delirios que o empurran cara o abismo sorprendente e incontrolábel. Unha visión transgresora da sexualidade falocéntrica contemporánea.

Miss Ledyia

Miss Ledya, fermosa e excéntrica señorita norteamericana, chega a Pontevedra co seu pai, un rico home de negocios. Miss Ledya alóxase no hotel da Illa da Toxa, onde están de incógnito os reis de Suavia, ameazados polos anarquistas.

Momentos captados dunha realidade xa inexistente

Diego é un home apaixonado pola fotografía e polos pequenos detalles. Un día coñecerá a Adriana e a súa relación con ela afectará directamente á súa, ás veces obsesiva, paixón pola fotografía.

Montaña en sombra (C) (2012) - Filmaffinity

Montaña en sombra

Obra poética e onírica que achega ao home á inmensidade da paisaxe.  Atopamos o contraste romántico entre a inmensidade da paisaxe e a pequenez das figuras humanas. Os esquiadores na ladeira dunha montaña nevada son contemplados dende o lonxe.

Morte dun estudante

Vítor, un estudante de cine, está a piques de coñecer a Piñol, o seu novo profesor. O seu mundo, que semella reducirse exclusivamente ao cine, compleméntase cunha amizade, Damián, e unha parella, Sofía. A casualidade fai que Vítor entre en contacto co consagrado cineasta dun xeito indesexabel e incómodo a raíz dun mínimo incidente.