U (curtametraxes)

Última subida

Unha moza, unha veciña, seu namorado. Os ciumes non son nada bos cando a paranoia psicótica dunha muller aparece polo medio.

Unary

Tras 21 anos no cárcere, Lucas enfróntase a un mundo que xa non coñece, a unha nova vida. Lucas está marcado por unhas rutinas, uns horarios, un entorno e uns pensamentos que non poderá manter fóra da cadea. O noso protagonista debe afrontar a volta ao seu fogar e descubrir que está máis só do que desexa, xa que perdeu todo o que tiña. 

Un bo final

Un home casado que foi enganado pola súa muller con outro, contacta cun avogado para cambiar o seu testamento, sabendo que ten un cancro e só lle queda dous meses de vida, vai planificar un final insospeitado...

Un café só

Ana é unha rapaza moi ocupada, hai días que non ten tempo case nin para tomar un café. A Xurxo encántalle a literatura e está a escribir a súa primeira novela. Natalia é a dona e camareira da cafetería e ten unha relación moi cercana cos clientes,..

Un día normal

Carlos é un mozo normal que fai cousas normais. Esperta pola mañá, toma un baño, axeitase, almorza, vai ao Instituto, fai os deberes mais, garda un segredo moi escuro...

Unha casa con silveiras

A épica de habitar un lugar. Ou soñalo. Unha casa. Unha viaxe. Un crono-fotograma pausado nunha casa con silveiras.

Unha estrella

Unha proba de son nas festas de Lugo dá para moito máis do que parece cando o rapaz se pon a contar unha anécdota persoal sobre o desamor e a traizón.

 Unhas clases do social a tempo...

Unha curtametraxe de Pablo Cacheda en clave de humor onde se móstran unhas clases ficticias, cos diversos xeitos de actuar que ten Carlos, quen nunca está atinado. Carlos é un mozo con dificultades sociais na vida cotiá.

Un rapaz raro

Toni, un peculiar mozo con aspiracións de detective, entretese  espiando e perseguindo ás mulleres que protagonizan as súas fantasías, aínda que as cousas non sempre son o que semellan.