Lucila non pode crer o que ve diante da súa casa: Xan, ¿es ti?. Xan volta á súa aldea natal despois de moito tempo de ausencia. Segundo a nova do seu regreso se espalla entre os seus veciños e achegados, a tensión medra.
A vella Marcelina vai como pode ata a casa dos seus veciños Sixto e María por buscar ao seu fillo Paquiño, que non ten moitas luces. Atópaos aos tres bébedos. Un desgrazado accidente e a falta de razoamento lóxico colócaos a todos nunha situación absurda.
É a primeira vez que Suso vai ir de mariñeiro ao Gran Sol, quere aforrar para poder comprar unha guitarra eléctrica. Desenvolve a historia cotiá da vida no mar, as tensións entre os mariñeiros que, tras horas de duro traballo, comezan a ocasionar problemas a bordo dun barco de baixura.
Roi e os seus colegas practican un xogo peculiar e violento. Dani encontrará o seu fatal destino cando por casualidade tén a mala sorte de cruzarse no camiño deles. O acoso escolar e a violencia como diversión na xuventude de hoxe en día.
Nunha urbanización de chalets pareados, de súpeto escoitamos uns berros que saen do interior dunha casa. Na intimidade e sen que os veciños se decaten, o marido impón a súa autoridade á vella usanza: correa en man. Por sorte para a esposa, soa a campá da entrada.