S  (curtametraxes)

Samain´s Party

Antón e Moñas, dous mozos espelidos, tentarán deter o andazo de asasinatos que se están a cometer nun Instituto da zona sur de Galicia na  celebración da típica festa galega “samain”...

Sangue

Unha parella a piques de romper. Ela anda á procura doutro home. El vive mergullado na droga para evadirse da súa propia realidade. O amante conformará o último vértice deste triángulo amoroso dramático. 

Santiago de sangue

A cidade santa de Santiago de Compostela é un cárcere para os vampiros condenados ao ostracismo. Gabriel é un deles e ten un grande poder, pero a súa penitencia é de cinco séculos. E agora quere seducir para o seu ámbito de poder a unha mociña chamada Eva.

Sara
Nunha parella de alto nivel social e económico a muller sofre malos tratos psíquicos e físicos. Sara está casada con Daniel un profesor da Universidade que ao atoparse coa presión de obter a súa Cátedra en estudios medievais comeza a maltratala. 

Sebastián

O silencio do seu cuarto trae á memoria de Sebastián o recordo da última e truculenta noite que pasou cunha rapaza...

Sefa Sound System

Biopic Rítmico. Josefa, unha persoa maior de idade,  fai as súas tarefas como cada día, conformando dese xeito unha banda sonora propia da súa vida.

 Sen escrúpulos

Manu descobre que os seus bicos teñen a capacidade máxica de devolver a vida. Porén, verase na vicisitude de bicar ao seu pai, un autoritario policía que arrepía ao rapaz.

Sen motivo aparente

Nunha céntrica cafetería sucédense diferentes conversacións, entre elas, a de Nuria e Dani, unha xove parella que malia levar pouco tempo saíndo, quérense dende sempre. Dar ese paso cambiará as súas vidas para sempre…

Sen voz

Curtametraxe que afonda no exceso de ruido que existe na nosa sociedade mediante unha reconstrucción paródica e divertida dun rapaz que dixo adeus a súa voz e nunca a chamou de volta.

Séptimo asalto

Un boxeador veterano enfróntase ao combate máis importante da súa carreira. Antes de celebrarse este, prepárase no vestiario acompañado do seu vello adestrador. Discuten e comparten unha conversa tensa na que saen a relucir diferentes aspectos do seu pasado.
 

Shootime

Ás veces non somos conscientes das dimensións do noso mundo, pero estamos recluídos entre catro paredes transparentes que nos fai vivir unha vida encaixonada.

Simón

Desde que era cativo, Simón sempre tivo na mente algo lle dicía seu pai: Algún día han vir, han vir e levarvos a todos. 

Síndrome Rosalía

Clementina, unha funcionaria pontevedresa, é a primeira muller do mundo que sofre o Síndrome Rosalía, unha enfermidade que fai lembrar toa a obra literaria de Rosalía de Castro

Sinfonía dun trastorno

Achegarse ó Trastorno Obsesivo Compulsivo de forma sensorial, ou o que é o mesmo, que a música e a imaxe nos fagan sentir o que o personaxe desta curta sente, é o fin dunha obra onde a forma de contar está baseada nas propias obsesións do protagonista.

Sito

Sito, individuo solitario e aburrido, sen obxetivos aparentes na vida, fica atrapado só nun ascensor, alí comezará unha incrible historia de amor.

Slow food

Coñecer unha rapaza e convidala a xantar na túa casa por vez primeira sempre provoca no anfitrión un certo nerviosismo. Mais todo se pode complicar moito máis, cando un tenta esmerarse e seguir os parámetros da “slow food”.

Sobre a morte do Bieito

Un home que leva o cadaleito no funeral do Bieito, despois de escoitar uns ruidos estraños, pensa que o morto podería estar vivo e durante todo o enterro pensa en comunicarllo aos demais mais a dúbida non llo permite.

 
 

Soldado sen fortuna

Enrique Fouce é un soldado que loitou co exército nacional na Guerra Civil Española. En abril de 1939 regresa á súa vila natal na procura da súa muller, detida a carón do seu pai, e do seu fillo, acabado de nacer.Logo de preguntar a Amancio Landín, xefe local da Falange,  Enrique é enviado ó cárcere.

Sol e lúa

No interior dunha caravana deitados na cama están Lúa e Amador espidos baixo as sábas. No silencio oen romper as ondas na tranquilidade da costa. O Sol ponse e Lúa sae coa súa mochila-equipaxe.

Solpor

Un director anda na procura do seu unicornio, do momento revelador do raio verde. E a tarde remata, e o sol vai caendo. "Solpor" é pois unha invitación a descubrir ese mundo fantástico do pasado e da mitoloxía que dorme somerxido aos nosos ollos, mais posibelmente co anoitecer cobre vida propia.

Somnium

Curtametraxe do boirense Toño Chouza, onde narra a historia dunha anciá que percibe unha realidade na liña que separa o soño da vixilia.

Son do silencio

Curta experimental grabada en terras de Meira con xente de Meira, nace co simple feito de experimentar cousas novas e facer probas coa nova cámara adquirida ( CANON 550D ). Curta baseada radicalmente en cousas do director David Lynch, chegando incluso a copiar algún dos seus detalles que no seu día o encandilaron. 

Sons e voces na noite

A un estudante aparéceselle en soños unha luz que semella ser unha presenza doutro mundo que contacta con el. Dese xeito xorde entre eles unha relación que transcorre na fronteira entre a realidade e a fantasía.

Sulfato

Sulfato é unha historia sobre a importancia das cousas pequenas, eses anaquiños de maxia que nos regala a vida de cando en vez e que nos dan folgos e nos debuxan un sorriso para continuar.