(curtametraxes)

  

Que lle pasa a Pepe Pistola!

Os irmáns Pistola non atravesan polo seu mellor momento. Eles forman un pequeno grupo de blues. Pepe Pistola está farto de ser un simple acompañante, que o seu irmán leve todo o exito e por riba a muller que sempre desexou. Hoxe tocan na cantina da vila, e Pepe deixará voar a súa perversa imaxinación... 

Quen es?

Esta curtametraxe relata a historia dun rapaz que, influenciado polo seu 'álter ego', irá cometendo unha serie de erros que o levarán polo mal camiño.

Querido Godot

Unha moza esquizofrénica deixa de tomar a súa medicación, farta dos efectos secundarios que lle provoca. Tras un tempo de lucidez recuperada, comeza a sufrir alucinación que farán que se cuestione a racionalidade do mecanismo social do mundo que a rodea.

Quero o meu balandro

Marcial, un veterano armador cun turbio pasado, dedica os días a vixiar que ninguén se leve o seu balandro afundido e as noites a beber no seu bar portuario atendido por Antía, a súa filla. Marcial ofrécelles ós culpables do afundimiento do balandro, os curmáns Pepe e Caramuxo, un emprego moi ben remunerado.

Quérote mal

Ela é cega. Cada día levántase, dúchase e acicálase. Prepara o almorzo e vai ao traballo sen ter que pedirlle axuda a ninguén. Directora musical de éxito, autosuficiente, independente. O seu mundo e os seus intereses xiran armoniosamente ata que o amor e a paixón irrompen na súa ordeada existencia. 

Quinta provincia

Para moitos a quinta provincia foi tradicionalmente Bos Aires, pero Miguel Canalejo propón Madrid como Quinta Provincia.  A capital do estado español como refuxio laboral e fogar inhóspito de actores e actrices que buscan novas oportunidades.