N (curtametraxes)

Nada

Dende que marchou da casa sen dar ningún tipo de explicación, Alicia deuse conta de que non estaba facendo o correcto. E, pouco a pouco, a verdade irá vendo a luz, traendo consigo as peores consecuencias.

Na distancia

Un home sen nome, representa a ese individuo, que arrastrado polo desexo do crecemento social, abandoa o seo do seu fogar, a súa cultura e a súa forma de vida, para sumerxirse na vida da urbe. Un individuo que cae na desorientación que surxe da perda de todo aquelo que lle recordaba ó que un día foi.

Naipe de sangue

Unha prostituta, Lillie, cruza a Serra Rochosa acompañada de Johnny, un vaqueiro atrapado por unha desgraza do pasado que lle cómpre vingar. Con cadansúa misión nas alforxas, as súas vidas crúzanse e a partir daí todo cambia para esta parella debuxada conforme os cánones das películas do Oeste.

Nai que non fuches

Unha muller da Arxentina, un galego e un neno que está por vir. Toda unha vida pode pasar pola cabeza dun home nuns segundos.

Na oficina de obxectos perdidos

Perdiches algunha vez a túa lingua? Lembras cando ou onde?. O protagonista desta historia perdeu a lingua nun pub de Sada o día que coñeceu á que no día e hoxe é a súa muller, e agora tenta recuperala na oficina de obxectos perdidos.


Nebra

Relato histórico dos mártires de Cans. Acontecemento acaecida alá polo ano 1916 na parroquia de Nebra no Concello de Porto do Son, onde a loita polos dereitos sociais acabou de xeito tráxico. 

Negro café

Eva, Ernesto e Iván alugan unha habitación do seu piso de estudantes. Un contratempo do pasado vaille vir enriba a Iván, ata a aparición de Noa, unha rapaza múa e nova compañeira que non tardará en poñer solución aos seus problemas.

Nico

Nico é un rapaz normal… que vive dentro dun mal soño. Uns compañeiros fanlle a vida imposible. Vivir, para Nico, non é doado: o seu pai, mariñeiro, pasa a vida no mar, apenas o ve; a súa nai, chega de noite de traballar, apenas teñen tempo para eles dous. Chega tarde á clase, non quere atoparse con ninguén, só cunha rapaza, Laura, a única que o une á vida.

Noa e Xoana

Uns bandidos asaltan vilas do interior e despois venden os secuestrados na ribeira. Dúas mulleres implicadas na aventura ven como medra a xenreira que senten unha pola outra. 

Noite

Unha espesa néboa o enche todo e os perfís difumínanse. Os ollos tampouco son bos para alcanzar a ver na escuridade. A realidade dache a excusa perfecta para explorar a imposibilidade de ver e o proceso da construcción da mirada. Ves as luces transformarse. E todo vólvese distinto... 

Non abras a coñecidos

As veces, as persoas que cremos que máis coñecemos, son as que che van dar unha sorpresa bastante grande. 

Non se recibe dó

Despois de deitarse na súa cama, unha moza esperta no seu ataúde, está morta, mais pode ver e escoitar como diante dela pasa toda a súa xente. Así descobre o que pensan dela realmente. Que pasaría se tiveses unha segunda oportunidade?...