P (curtametraxes)
Historia onde se ve unha ringleira de xente moi especial na antiga estación de tren de Sioalla. Unha morea de persoas variopintas agardan a que as atendan. |
|
Ana ten 10 anos e acaba de gañar a carreira de atletismo. Días antes na aula, o profesor explicara en que consiste un palíndromo, unha palabra que do revés é igual que do dereito. Ana obsesionouse cun deles en particular e iso levouna a facer cousas estrañas... |
|
Esta é a historia dun mozo viaxeiro que busca o seu sitio no mundo. Este resulta ser un tren, que o recolle como o único viaxeiro nun apeadeiro sen vida. O tren vai para adiante, e atravesa vales e montañas. O noso mozo inquieto acaba de emprender a súa aventura onírica.. |
|
A partir dun arriscado planeamento, a obra narra, sen diálogos e con moito protagonismo para a música, as vidas paralelas dun home e unha muller. |
|
A soidade é a realidade cotiá na vida dun home nun tempo calquera... Pero un desenlace inesperado variará a lóxica dá súa existencia... |
|
Película feita na casa con pelota e boneca Fita rodada en Súper 8, forma parte dun segundo grupo de curtametraxes surrealistas que inclúen tres obras: Trompos (1961), Middlebury (1962) e Película hecha en casa con pelota y muñeca (1962), que teñen un valor artístico claro porque os rolos orixinais obrigan á proxección manual converténdoo a exhibición dun xeito case privado. |
|
Trata os problemas psicolóxicos en relación coas fobias dende unha perspectiva cómica, sen facer incapé no dramatismo da situación dun fóbico, e centrándose máis no punto de vista "lixeiro" do problema. |
|
Conta a historia dun escritor carente de ideas, que lle chega a inspiración nun momento dado, ou quizáis non?.. |
|
Novo, un trunfador recoñecido no seu traballo, cheo de éxito e fachenda, frío e desapiadado, que un día recibe a visita de alguén ou de algo que fará que todo o que conseguiu ata agora non teña ningún valor. Virá unha visita real ou mesmo será o seu subconsciente?. |
|
Este filme está baseada no guión teatral escrito polo ex-alumno Rafael Rey para o grupo de teatro do centro.Catro persoas de lugares e culturas diferentes vense na obriga de ter que abandoar os seus fogares por razóns diversas e emigrar coa esperanza de atopar o que buscan, e négaselles este dereito. |
|
Hai meses que Lola que rompeu coa súa parella e sen embargo non o dá superado. Ségueo aos lugares onde el se deita con outras mulleres. El pídelle que o deixe, mais Lola non está disposta a ceder. |
|
Micrometraxe de experimentación formal con texturas e composicións a partir do primeiro plano dunha muller nunha bañeira. |
|
"El cebolla" vese na obriga de buscar diñeiro para pagar unha débeda contraída cuns narcotraficantes. Pídelle axuda a Juan, un bo amigo seu. A historia vai rematar dun xeito que quizais ninguén imaxina. |
|
Falta só unha hora para que Lucas volte ao mar. Unha hora para abandonar de novo a Manuela. Unha hora para que ela retorne á súa soidade habitual. Unha hora para o amor. Unha hora para que a maxia se revele. Unha hora para que xurda o cambio. Unha hora na que todo pode ser. |
|
Narra a historia dun home que se ergue pola mañá e ao saír de casa para ir a traballar descobre que ao outro lado non hai nada máis que unha nada cegadora. |
|
Curtametraxe intimista sobre un home que acorda na soidade absoluta, vítima dun terríbel mal característico do noso tempo. |
|
Tin leva unha vida inusual mais el está encantado. A súa paixón é participar en todos os concursos que pode. Aos que o tratan cústalles crer que con 25 anos sexa capaz de aquelar a súa existencia aos premios que gaña. |
|
Primeiro, irmá Relatos contados por Eladio Muñiz Cordero da neneza lonxana. Curtametraxe realizada para o XVI Certamen Internacional Videominuto Universidad Zaragoza. |
|
Conta a historia de Xosé, un mozo escritor frustrado, egocéntrico e alcohólico, que gaña un importante premio literario. Vive con Ligia, unha rapaza de forte carácter posesivo, que se mata polas infidelidades do escritor. |
|
O protagonista é fillo dun próspero empresario galego. Desde moi novo quedou orfo de nai e foi criado polo seu pai e aínda vive con el. Pero o que máis desexa é estar cunha moza, con Ana. |