O CERCO

Curtametraxe escrita, dirixida e interpretada por Martiño Vázquez. Coa colaboración de Xaquín Domínguez, Victor García e Juanjo Izquierdo.

No medio dun clima de belicismo sen lindes, ainda hai un lugar onde se libra a máis fera das batallas: a psique do ser humano. Por riba da dor e da vontade, o cidadán 3398-MVB enfrontarase nesta historia claustrofóbica a unha verdade máis dura incluso: á súa real existencia sen outra alternativa que a da propia fuxida desesperada pero... cara onde?... Sen embargo, sempre hai alguén que se agocha nas sombras agardando a nosa debilidade para someternos, para obrigarnos a habitar un cerco de inhóspitas formas cheo de medos e de odios...

Titulo orixinal: O cerco
Tipo: Curtametraxes
Xénero: Dramaacción
Produción propia 
Realizada a cor
Duración: 10´
Orixe: Galicia
Ano: 2007
Idioma V.O.: Galego

Emisión ou proxección: I Festival de Curtas Concello de Sada

FICHA ARTÍSTICA

Cámara: / Benjamín Díaz / Ismael Santiago
Dirección fotografía: Antón Bugallo Vecino
Guión: Martiño Vázquez
Música: / Raúl Romero
Montaxe: Fran X. Rodríguez
Produción: Martiño Vázquez
Dirección artística: Víctor Seara
Decorados: Sara Vázquez
Xefatura de son: Iria Fernández

Director

Martiño Vázquez

Elenco

Martiño Vázquez Xaquín Dguez. Víctor García Juanjo Izquierdo

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

galego galego

VER TRAILER / ANACO