SÉPTIMO ASALTO

Curtametraxe escrita e dirixida por  Germán Pérez mentres aínda estaba de estudante na Escola de Imaxe e Son de Vigo. Protagonizado polo madrileño David Bendito e o desaparecido Xosé Manuel Olveira "Pico".

A historia xira ao redor dun boxeador veterano que se enfronta ao combate máis importante da súa carreira. Antes de celebrarse este, prepárase no vestiario acompañado do seu vello adestrador. Discuten e comparten unha conversa tensa na que saen a relucir diferentes aspectos do seu pasado.
Tras perder o combate, ambos os dous volven ao vestiario, pero esta vez a discusión é moito máis tensa e o boxeador decide irse e retirarse. Cinco anos despois é entrevistado por un xornalista pola morte do adestrador, a quen non volveu ver dende ese combate.

Titulo orixinal: Séptimo asalto
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Drama
Produción propia
Realizada branco e negro
Duración: 20'
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Idioma V.O.: Castelán
Dobrada: Ningunha lingua

         

Produtora / Escola de Imaxe e Son de Vigo                                     

 

FICHA ARTÍSTICA

Axudante de dirección: / Sergio Rivas
Deseño de decorados: / Rafael Pardo
Dirección artística: / Rafael Pardo
Dirección fotografía: / Iago Taboada
Guionista: /
Germán Pérez
Maquillaxe: / Alexandra Casal
Música: / Rubén Troitiño
Xefatura de produción: / Gustavo Agulla
Xefatura de son: / Nuria Aragunde / Adrián Ozores

Director

Germán Pérez

Elenco

David Bendito X.M.Olveira Pico José Luís Pedrol

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

español (parte 1) español (parte 2)
  

VER TRAILER / ANACO