S (curtametraxes)
![]() |
Antón e Moñas, dous mozos espelidos, tentarán deter o andazo de asasinatos que se están a cometer nun Instituto da zona sur de Galicia na celebración da típica festa galega “samain”... |
![]() |
Unha parella a piques de romper. Ela anda á procura doutro home. El vive mergullado na droga para evadirse da súa propia realidade. O amante conformará o último vértice deste triángulo amoroso dramático. |
![]() |
A cidade santa de Santiago de Compostela é un cárcere para os vampiros condenados ao ostracismo. Gabriel é un deles e ten un grande poder, pero a súa penitencia é de cinco séculos. E agora quere seducir para o seu ámbito de poder a unha mociña chamada Eva. |
![]() |
Sara |
![]() |
O silencio do seu cuarto trae á memoria de Sebastián o recordo da última e truculenta noite que pasou cunha rapaza... |
![]() |
Biopic Rítmico. Josefa, unha persoa maior de idade, fai as súas tarefas como cada día, conformando dese xeito unha banda sonora propia da súa vida. |
![]() |
Manu descobre que os seus bicos teñen a capacidade máxica de devolver a vida. Porén, verase na vicisitude de bicar ao seu pai, un autoritario policía que arrepía ao rapaz. |
![]() |
Nunha céntrica cafetería sucédense diferentes conversacións, entre elas, a de Nuria e Dani, unha xove parella que malia levar pouco tempo saíndo, quérense dende sempre. Dar ese paso cambiará as súas vidas para sempre… |
![]() |
Curtametraxe que afonda no exceso de ruido que existe na nosa sociedade mediante unha reconstrucción paródica e divertida dun rapaz que dixo adeus a súa voz e nunca a chamou de volta. |
![]() |
Un boxeador veterano enfróntase ao combate máis importante da súa carreira. Antes de celebrarse este, prepárase no vestiario acompañado do seu vello adestrador. Discuten e comparten unha conversa tensa na que saen a relucir diferentes aspectos do seu pasado. |
![]() |
Ás veces non somos conscientes das dimensións do noso mundo, pero estamos recluídos entre catro paredes transparentes que nos fai vivir unha vida encaixonada. |
![]() |
Desde que era cativo, Simón sempre tivo na mente algo lle dicía seu pai: Algún día han vir, han vir e levarvos a todos. |
![]() |
Clementina, unha funcionaria pontevedresa, é a primeira muller do mundo que sofre o Síndrome Rosalía, unha enfermidade que fai lembrar toa a obra literaria de Rosalía de Castro |
![]() |
Achegarse ó Trastorno Obsesivo Compulsivo de forma sensorial, ou o que é o mesmo, que a música e a imaxe nos fagan sentir o que o personaxe desta curta sente, é o fin dunha obra onde a forma de contar está baseada nas propias obsesións do protagonista. |
![]() |
Sito, individuo solitario e aburrido, sen obxetivos aparentes na vida, fica atrapado só nun ascensor, alí comezará unha incrible historia de amor. |
![]() |
Coñecer unha rapaza e convidala a xantar na túa casa por vez primeira sempre provoca no anfitrión un certo nerviosismo. Mais todo se pode complicar moito máis, cando un tenta esmerarse e seguir os parámetros da “slow food”. |
![]() |
Un home que leva o cadaleito no funeral do Bieito, despois de escoitar uns ruidos estraños, pensa que o morto podería estar vivo e durante todo o enterro pensa en comunicarllo aos demais mais a dúbida non llo permite. |
![]() |
Enrique Fouce é un soldado que loitou co exército nacional na Guerra Civil Española. En abril de 1939 regresa á súa vila natal na procura da súa muller, detida a carón do seu pai, e do seu fillo, acabado de nacer.Logo de preguntar a Amancio Landín, xefe local da Falange, Enrique é enviado ó cárcere. |
![]() |
No interior dunha caravana deitados na cama están Lúa e Amador espidos baixo as sábas. No silencio oen romper as ondas na tranquilidade da costa. O Sol ponse e Lúa sae coa súa mochila-equipaxe. |
![]() |
Un director anda na procura do seu unicornio, do momento revelador do raio verde. E a tarde remata, e o sol vai caendo. "Solpor" é pois unha invitación a descubrir ese mundo fantástico do pasado e da mitoloxía que dorme somerxido aos nosos ollos, mais posibelmente co anoitecer cobre vida propia. |
![]() |
Curtametraxe do boirense Toño Chouza, onde narra a historia dunha anciá que percibe unha realidade na liña que separa o soño da vixilia. |
![]() |
Curta experimental grabada en terras de Meira con xente de Meira, nace co simple feito de experimentar cousas novas e facer probas coa nova cámara adquirida ( CANON 550D ). Curta baseada radicalmente en cousas do director David Lynch, chegando incluso a copiar algún dos seus detalles que no seu día o encandilaron. |
![]() |
A un estudante aparéceselle en soños unha luz que semella ser unha presenza doutro mundo que contacta con el. Dese xeito xorde entre eles unha relación que transcorre na fronteira entre a realidade e a fantasía. |
![]() |
Sulfato é unha historia sobre a importancia das cousas pequenas, eses anaquiños de maxia que nos regala a vida de cando en vez e que nos dan folgos e nos debuxan un sorriso para continuar. |