G (curtametraxes)
![]() |
Galáctea (a conquista da Vía Láctea) Galicia, un futuro non moi lonxano. Europa quere sobornar ós seus gobernantes cun enganoso plan de subvencións: a cuota láctea. As vacas deben ser sacrificadas, pero o lado escuro da Unión debe enfrontarse a un poder descoñecido: a forza das tradicións que, según a lenda, se encarnará nun aposto mozo, fillo de Galicia. |
![]() |
Nunha Galicia do futuro as cousas non cambiaron demasiado.Galicia 2098 é unha curtametraxe futurista que imaxina un futuro sen coches voando, sen teletransportación, sen clonacións humanas, pero tamén sen galego. |
![]() |
Repaso en ton humorístico da historia de Galicia e a súa lingua a través de momentos históricos destacados, dende o seu nacemento ata a actualidade. |
![]() |
O microcosmos dunha cafetaría onde todo xira en círculos concéntricos: un sibarita dos habanos, un excéntrico saxofonista, unha parella de anciáns e unha mociña namorada dun rapaz despistado. |
![]() |
A trama da fita está ambientada nos anos corenta en Chantada, e trata sobre un un cativo a quen chaman Garabolis, neno que soña con ser terratenente e se mestura con esmoleiros, vividores, gardas e xente moi rica para coa súa picaresca e agudeza poder vivir. |
![]() |
Análise da figura bíblica do Goel, protectora e vingadora da familia hebrea, dende o punto de vista de dous irmáns que ven enfrontados os seus sentimentos coa súa tradición relixiosa. |
![]() |
Florencio é un pobre miñaxoia que vive gobernado polas mulleres da súa vida. Todo semella cambiar cando coñece a Tamara, a camareira da cafetería que adoita frecuentar |