GALICIA 2098
Cun presuposto de cero euros, realizada polo vigués Edu P. Lavandeira e gravada en Mini DV con actores non profesionais, en só cinco minutos, a curta propón "unha chamada á sociedade castelanfalante" en Galicia para que reaccione ante a pregunta insistente do último galegofalante que quedará dentro de 90 anos, recluído nun museo: "¿Vasme deixar morrer aquí?".
Nunha Galicia do futuro as cousas non cambiaron demasiado.Galicia 2098 é unha curtametraxe futurista que imaxina un futuro sen coches voando, sen teletransportación, sen clonacións humanas, pero tamén sen galego.
Titulo orixinal: Galicia 2098
|
FICHA ARTÍSTICA
Cámara: / David Blanco
Efectos dixitais: / Xavi Rey
Dirección de produción: / María Quiñoy
Guión: / Edu Lavandeira
Xefatura de produción: / Edu Lavandeira
Maquillaxe: / Montse Súarez
Xefatura de son: / Chus Silva
Director
Edu Lavandeira |
Elenco
Xoán Beiro | Pedro Hernández | María Maceiras | José C.Wenceslao |
IMAXES DO FILME
VER EN LIÑA
galego-español |