DOUS HOMES E UN SUICIDIO

Curtametraxe feita por MrMisto e realizada pola directora e escritora  Iria López .

Samuel é un mozo algo excéntrico, falto de atención e un chisco dado aos dramatismos. Cando, levándose pola súa habitual autocompaixón, decide rematar con todo e gravar en vídeo o seu propio suicidio, non agardaba que fose tan complicado quitar a vida. Logo de dous intentos fracasados, decide saltar dos altos cantís da súa terra. Neste mesmo lugar atopa a Ricardo, un home que, aos seus corenta anos e acabado de divorciar, vese sen casa, sen familia e sen traballo e decide quitarse do medio.

Titulo orixinal: Dous homes e un suicidio
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Comedia
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 17'
Orixe: Galicia
Ano: 2010
Idioma V.O.: Galego

          

Distribuidora / Mr Misto Films 
Emisión ou proxección / Festival de Cine I. de Ourense 
Produtora / Mr Misto Films 
Subvención ou axuda pública / Deputación da Coruña

FICHA ARTÍSTICA

Axudante de dirección: / Laura Menéndez
Dirección artística: 
/ Andrea Torreiro
Dirección fotografía: /  José Segura 
Guionista: / Iria López 
Montaxe: /  Iria López 
Xefatura de son: / Marcos Sedes

Directora

Ïria López

Elenco

Vicente de Souza Jorge Casas Fely Manzano

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

galego galego (parte 1) galego (parte 2)
español