NAIPE DE SANGUE
Mediometraxe realizada por José Ballesta e Manxo Fernández. Argumentos,personaxes e temas de Marcial Lafuente, produto das lecturas de Ballesta, coleccionista destas novelas.O primeiro filme do Oeste galego ("grelos-western") onde Julio Cela é protagonista xunto a Eladio Santos e a cantante e actriz Silvia Superstar.
Unha prostituta bondadosa en mans do destino, Lillie, cruza a Serra Rochosa acompañada de Johnny, un vaqueiro tan rudo como honesto atrapado por unha desgraza do pasado que lle cómpre vingar. Con cadansúa misión nas alforxas, as súas vidas crúzanse e a partir daí todo cambia para esta parella debuxada conforme os cánones das películas do Oeste. Axiña o espectador apreciará en pantalla os fentos que medran á beira das corredoiras, os bosques de piñeiro e carballo e os eucaliptos inevitábeis no Oeste europeo e que os mozos cruzan ao lombo dun cabalo chamado Furancho, camiño de Bichita, como a barriada obreira de Teis.
Titulo orixinal: Naipe de sangue Emisión ou proxección: Festival de Cans |
FICHA ARTÍSTICA-TÉCNICA
Guión: / Lafuente Estefanía
Música: / Eladio Santos / Paco Serén / Silvia Superstar
Montaxe: / José Ballesta / Manxo Fernández
Directores
José Ballesta | Manxo Fernández |
Elenco
Silvia Superstar | Julio Cela | Eladio Santos | Ramón Rodríguez | Rolo González |
IMAXES DO FILME
VER O TRAILER / ANACO
Titulo orixinal: Emisión ou proxección:
|
FICHA ARTÍSTICA-TÉCNICA
Cámara: /
Dirección fotografía: /
Guión: /
Música: /
Montaxe: /
Xefatura de son: /
Director
Elenco
IMAXES DO FILME
VER EN LIÑA
galego |