N (curtametraxes)
![]() |
Dende que marchou da casa sen dar ningún tipo de explicación, Alicia deuse conta de que non estaba facendo o correcto. E, pouco a pouco, a verdade irá vendo a luz, traendo consigo as peores consecuencias. |
![]() |
Un home sen nome, representa a ese individuo, que arrastrado polo desexo do crecemento social, abandoa o seo do seu fogar, a súa cultura e a súa forma de vida, para sumerxirse na vida da urbe. Un individuo que cae na desorientación que surxe da perda de todo aquelo que lle recordaba ó que un día foi. |
![]() |
Unha prostituta, Lillie, cruza a Serra Rochosa acompañada de Johnny, un vaqueiro atrapado por unha desgraza do pasado que lle cómpre vingar. Con cadansúa misión nas alforxas, as súas vidas crúzanse e a partir daí todo cambia para esta parella debuxada conforme os cánones das películas do Oeste. |
Unha muller da Arxentina, un galego e un neno que está por vir. Toda unha vida pode pasar pola cabeza dun home nuns segundos. |
|
Na oficina de obxectos perdidos Perdiches algunha vez a túa lingua? Lembras cando ou onde?. O protagonista desta historia perdeu a lingua nun pub de Sada o día que coñeceu á que no día e hoxe é a súa muller, e agora tenta recuperala na oficina de obxectos perdidos. |
|
![]() |
Relato histórico dos mártires de Cans. Acontecemento acaecida alá polo ano 1916 na parroquia de Nebra no Concello de Porto do Son, onde a loita polos dereitos sociais acabou de xeito tráxico. |
![]() |
Eva, Ernesto e Iván alugan unha habitación do seu piso de estudantes. Un contratempo do pasado vaille vir enriba a Iván, ata a aparición de Noa, unha rapaza múa e nova compañeira que non tardará en poñer solución aos seus problemas. |
![]() |
Nico é un rapaz normal… que vive dentro dun mal soño. Uns compañeiros fanlle a vida imposible. Vivir, para Nico, non é doado: o seu pai, mariñeiro, pasa a vida no mar, apenas o ve; a súa nai, chega de noite de traballar, apenas teñen tempo para eles dous. Chega tarde á clase, non quere atoparse con ninguén, só cunha rapaza, Laura, a única que o une á vida. |
![]() |
Uns bandidos asaltan vilas do interior e despois venden os secuestrados na ribeira. Dúas mulleres implicadas na aventura ven como medra a xenreira que senten unha pola outra. |
![]() |
Unha espesa néboa o enche todo e os perfís difumínanse. Os ollos tampouco son bos para alcanzar a ver na escuridade. A realidade dache a excusa perfecta para explorar a imposibilidade de ver e o proceso da construcción da mirada. Ves as luces transformarse. E todo vólvese distinto... |
![]() |
Un instante na memoria da paisaxe: o contrabando que durante séculos atravesou a liña que separa Portugal e Galicia. A Sierra do Gerês non entende de fronteiras e as súas rochas cruzan dun país ao outro con insolencia. Tamén os contrabandistas desobedecen esta separación. As rochas, o río, as árbores: testemuñas mudas, axúdanlles a ocultarse.. |
![]() |
As veces, as persoas que cremos que máis coñecemos, son as que che van dar unha sorpresa bastante grande. |
![]() |
Despois de deitarse na súa cama, unha moza esperta no seu ataúde, está morta, mais pode ver e escoitar como diante dela pasa toda a súa xente. Así descobre o que pensan dela realmente. Que pasaría se tiveses unha segunda oportunidade?... |