RETORNO A TAGEN ATA
Adaptación da obra homónima de Xosé Luis Méndez Ferrín, foi a primeira curtametraxe galega en rodarse no formato profesional de 35 mm. Rodada en condicións precarias e sen case presuposto no debut do director Eloy Lozano, presenta múltiples problemas técnicos pero mantén unha fonda vocación narrativa. A súa estrea foi nas III Xornadas de Cine de Ourense en xaneiro de 1975.
Unha moza nova volve a Tagen Ata, a súa terra e un país sen liberdade, para se entrevistar co líder da resistencia interior, e personaxe misterioso. Na entrevista este dille que xa non hai motivos para a loita tras concederlle desde o poder central certa autonomía ao país.
Titulo orixinal: Retorno a Tagen Ata Produtora: Praia Lenta Films |
FICHA ARTÍSTICA
Dirección fotografía: / A. Ballesteros / Tucho Rodríguez
Guión: / Eloy Lozano
Montaxe: / José Miguel Ramos "Ibiricu"
Música: / Pink Floyd
Iluminación: / Eloy Barreiro
Xefatura de son: / Eloy Barreiro
Director
Eloy Lozano |
Elenco
Alfredo Cortón | José de Lage | Manuel Gómez | Anxo Martínez | Delfina Meire |
Lourdes Soto |
Autor da obra
Méndez Ferrín |
IMAXES DO FILME