Anxo Arias ven de enterrar á súa dona. A dor faille tomar unha decisión persoal de consecuencias non sospeitadas.Unha proposta de ficción científica dura que ten un final sorprendente.
Involución que sofre un home inmerso nas súas propias sensacións mentais. A obra nárranos esas imaxes do mesmo xeito que o home as vai percibindo. Esa viaxe lévanos á parte máis primitiva do seu cerebro, onde o personaxe é transportado involuntariamente.
Falso documental sobre a historia de Jesús Lago Pereira, un dos poucos homes cobaia en Galicia. Para custearse os seus estudos de Mediciña someteuse a diversos experimentos de proba con novos medicamentos.