(curtametraxes)

Heorot

Anxo Arias ven de enterrar á súa dona. A dor faille tomar unha decisión persoal de consecuencias non sospeitadas.Unha proposta de ficción científica dura que ten un final sorprendente.

Hipotálamo

Involución que sofre un home inmerso nas súas propias sensacións mentais. A obra nárranos esas imaxes do mesmo xeito que o home as vai percibindo. Esa viaxe lévanos á parte máis primitiva do seu cerebro, onde o personaxe é transportado involuntariamente.

Home cobaia

Falso documental sobre a historia de Jesús Lago Pereira, un dos poucos homes cobaia en Galicia. Para custearse os seus estudos de Mediciña someteuse a diversos experimentos de proba con novos medicamentos.

Humor sapiens

A aparición dos smartphones e outros aparellos de comunicación provoca unha nova evolución no ser humano: O chamado Humor Sapiens.