O (longametraxes)
Silvia é unha adolescente que tomou a decisión máis importante da súa vida:suicidarse e doar os seus órganos. Tres persoas anónimas recíbenos, tres vidas diferentes comezan unha nova existencia. Silvia deixa gravado nun video-diario as súas razóns. |
|
Trinidad Soler, enxeñeiro dunha central nuclear, aparece morto, espido e atado nun motel próximo ao seu lugar de traballo. O sarxento Rubén Bevilacqua e a súa compañeira Virxinia, encargaranse das investigacións. |
|
A partir de qu Fran renata a súa carreira, xorden unha chea de dilemas . O seu primeira traballo, os problemas coa súa moza provocados pola crise post-licenciatura e a lotaría das oposicións van a traer de cu ó protagonista. Cada decisión será vital, aínda que Fran terá a guía de Morgan, fillo de ricos e fachendoso teórico do "carrachatismo". |
|
Un preso fúgase do cárcere para tentar atopar un tesouro agochado vai anos nunha aldea do Camiño de Santiago, pero o que atopa suporalle unha condena maior da que fuxiu. Vellos misteriosos, estrañas desaparicións, trasnos, un cura estraño e o arcipreste de Santiago xúntanse no camiño. |
|
Evanxelino Cabrejas, viaxante de comercio, conta a historia de Serafín Ortiz, un mozo carabineiro que amante do praceres. Madureira, maleante e sen escrúpulos, convérterase no seu compañeiro de falcatruadas. |
|
No bosque conviven en paz animais e árbores cando aparece un novo e estraño viciño: o poste. Cando a harmonía do entorno é alterada pola man do home, os moradores do monte loitarán para recuperala.
|
|
Un matrimonio que vive nunha urbanización da periferia urbana cos seus tres fillos leva unha vida tranquila até que comezan a suceder cousas estranas na casa. Teñen que aceptar o obvio: Hai algo, ou alguén, convivindo con eles na súa propia casa.
|
|
Conta a historia de un grupo de mulleres moi distintas, pertencentes a diferentes clases sociais que se reúnen semanalmente para practicar a calceta, cunha trama de misterio, relacionada cunha serie de mortes que se producen na cidade, como fondo. |
|
Dous crimes brutais poñen a policía contra a parede na cidade de Lugo, dúas rapazas coa pel resgada da súa cara aparecen na mesma zona. O curso da investigación conducirá a un par de policías, que gradualmente descobren que nada é o que semella. |
|
Carlos, executivo de banca, comeza a súa rutineira mañá levando aos seus fillos ao colexio. Cando acende o coche, recibe unha chamada anónima que lle anuncia que ten unha bomba debaixo do seu asento. A voz dun descoñecido comunícalle que ten só unhas horas para reunir unha elevada cantidade de diñeiro; se non o consegue, o seu coche estoupará. |
|
Jesús e Tomás, dous irmáns que son como a noite e o día, reúnense despois de moitos anos debido a unha circunstancia inesperada. En San Vicente do Mar, un fermoso recanto da costa atlántica galega, estes dous madrileños descubrirán o pouco que se coñecían. |
|
Sonia, unha moza que está vivindo unha profunda crise no seu matrimonio, merca nunha subasta un vello espello procedente dun hotel. O espello amosaralle a imaxe do asasinato dunha muller nunha habitación do hotel. |
|
A desaparición das reliquias do apóstolo provoca unha trama na que se ven involucrados os máis diversos protagonistas, entre os que non faltan a igrexa e a prensa.Ó descubrir o roubo das reliquias do Apóstolo na cripta da catedral compostelá, a igrexa decide investigalo en segredo. |
|
Daniel Da Barca é un médico novo e intelectual republicano encarcerado polas súas ideas na Galicia de 1936. A súa moza, Marisa Mallo, loita dende fóra para devolverlle a liberdade. Herbal é un apoucado carcereiro que asiste entre atónito e furioso ás historias e conversas que manteñen os presos para facer máis levadora a súa condena. |
|
Eduardo, un pai de familia residente en Madrid que se adica profesionalmente a política ocupando un posto de relevancia. Ten unha irmá, Julia, residente na casa familiar de Galicia e á que decide visitar sen previo aviso. Eduardo tenta que Julia marche da casa e lla deixe a fin de semana coa excusa dunha importante reunión de traballo. |
|
Teodora, presentadora dun programa de cociña afrodisíaca da TV brasileira de súpeto vese sen emprego e sen marido. Que facer cando o futuro é unha páxina en branco? Acompañada do seu amigo Zeca e da española Milena, Teodora inicia a viaxe máis importante da súa vida: O Camiño a Santiago de Compostela. |
|
Unha serie de brutais asasinatos a menores propágase pola cidade. Mateo, un neno de dez anos, agocha un segredo: a veces a súa mente condúceo a un escuro lugar da memoria onde é testemuña dos asasinatos. Ó descubrirse o seu segredo moitos cren que é o asasino |
|
Despois dunha profunda depresión o doutor Vicente chega xunto á súa esposa Mariña a unha lonxana illa do atlántico, co obxectivo de pasar o verán, curar a súa enfermidade e recuperar o seu matrimonio. A vida na senlleira illa séntalle ben a Vicente, que pide á súa muller prolongar a súa estancia e pasar o outono. |
|
Inspirada nun feito real, conta a historia dun médico que, a finais dos anos 60, crioxeniza o cadáver da súa muller á espera de que a ciencia futura a poida revivir. A película ambiéntas na actualidade, coa vida cotiá do doutor, a persistencia no seu ideal do amor e a súa relación coa enfermeira que o coida, co seu fillo e co seu can. |
|
Cando un grupo americano compra a factoría na que Alfonso traballa, o novo consello de administración impón "modernos" métodos. A tensión medra cos primeiros despidos e Alfonso gáñalle xenreira a Borja, un dos directivos. Para calmar os ánimos convócase un "partido de confraternización" ao máis puro estilo ianqui. |
|
Longametraxe inspirada en feitos reais, onde se contan diversas historias nas que o fío conductor é o contrabando levado a cabo nos anos 50 en toda a raia galego-portuguesa, e máis concretamente en Goián. Baseada en anecdotas contadas polos maiores do pobo. |
|
O filme desenrólase nos Ancares en dúas historias parelelas: a dun veciño pirómano que sae do cárcere e volve á vila; e a de dous brigadista que loitan contra o lume. |
|
O Quinto Evanxeo de Gaspar Hauser Novo episodio das peripecias do 'enfant sauvage' Gaspar Hauser, acompañado do seu inseparábel e querido cabaliño de madeira. Gaspar ten nesta ocasión a personalidade fragmentada en cinco personaxes arquetípicos: un anano sadomasoquista, unha sedutora doncela, un tipo cínico e déspota, un mariñeiro romántico e un batman patético. |
|
Xoan Olmedo, aos seus corenta anos, é o supervivinte dun naufraxio, do que só puido rescatar a súa sobriña e o seu irmán deficiente mental. Atrás deixou un pasado, noutra cidade. Historia baseada no libro de Almudena Grandes. |
|
O trasatlántico "Santa Isabel" que se dirixía cara á cidade de Bos Aires, afundiuse na madrugada do 2 de xaneiro de 1921 no suroeste da illa de Sálvora con 268 persoas, das que só se puido salvar 55 grazas a axuda e a valentía de tres mulleres que, tras coller as súas embarcacións, lograron rescatar a unhas 20 persoas. |
|
Comedia romántica arredor dun triángulo amoroso. Unha parella de vintepoucos anos vive feliz até a chegada dun mozo sedutor e aventureiro que provocará neles un verdadeiro cataclismo emocional. |
|
Unha muller que vive dende hai tres anos nunha furgoneta aparcada na costa de Almería, ve como a súa parella desaparece xusto o día en que ía comezar a traballar. Por este motivo, regresa co seu bebé na súa vila natal, Ferrol. Ó principio ten moitas dificultades para atopar traballo, pero acaba conseguindo un posto de peón de albanel. |
|
Nada máis rematar a Guerra Civil, Fernando Calvet, un brillante científico catalán, que con 23 anos se convertera no primeiro catedrático de Química Orgánica da USC; Ramón Obella, un médico e empresario santiagués, con gran imaxinación e olfacto empresarial, e os irmáns José e Antonio Fernández,empresarios de tradición, forman o laboratorio Zeltia. |
|
Un grupo de amigos, ós que a reconversión industrial deixou no paro, pasan os días entre a inactividade e a despesperación, matando o tempo nun bar onde se reúnen, tentando espantar a pantasma do desemprego. Pasean polas rúas sen rumbo fixo e pola falta da rutina laboral chegan a perder a autoestima e mesmo a esquecer en que día de semana viven. |
|
O filme narra as historias de tres parellas pertencentes a distintas xeracións, cunha vila mariñeira e as crenzas da Galicia tradicional como fondo. A historia comeza cando unha camioneira chega á vila e o seu vehículo queda atrancado nunha ponte, o que impide o traslado do cadaleito dun home acabado de finar ese mesmo día. |
|
O soño dunha noite de San Xoán Elena, intelixente pero pouco soñadora, non cre en contos. Pero cando cae enfermo seu pai, o duque Teseo, ela está disposta a calquera cousa para lle devolver a ilusión. Mesmo ir na procura de Titania, raíña das fadas. Sen embargo, o Mundo Máxico xa non é o que era, pois malgobérnao o rei Oberón, quen comercia cos feitizos axudado polo trasno Perecho. . |
|
Presenta en clave de humor unha crítica ás corporacións multinacionais e unha promoción da conservación do patrimonio. É unha das pioneiras producións galegas de animación. |
|
Elena (Maribel Verdú), nai dun fillo pequeno, Lorenzo, e cuxa filla maior, adolescente Elenita, fuxiu embarazada co seu mozo Lalo, perseguido pola policía. Mentres, o seu marido Ricardo vive agochado nun buraco no dormitorio da parella, por medo ós franquistas. |
|
Plácido Meana fora un guionista da época dourada de Marvel Comics. Unha camareira que atopou os seus diarios guindados narra a historia del a uns documentalistas ferroláns que gravan en Madrid un documental sobre o autor. |
|
Fran é un rapaz que soña con converterse nun lobo de mar. El é fillo de emigrantes galegos a Cataluña, nunca viu o mar dos seus pais. Cando a súa nai morre decide voltar a Galicia, ás raíces familiares. Entón, a droga cruzarase no seu camiño. |
|
Historia sobre o acontecido nunha pequena vila da costa galega durante a catástrofe do Prestige. A chegada da marea negra afectará a tódolos habitantes da vila e ás relacións entre eles. |