0-9 (longametraxes)

18 comidas

Conta seis historias ao longo dun so día cun formato pouco convencional aberto á improvisación ao redor a dezaoito comidas, almorzos, xantares e ceas.              

9 fugas

A historia comeza coa chegada dun barco a unha cidade case baleira e cargada de misterio. Cora sobrevive no porto e traballa descargando barcos na lonxa. Unha noite é testemuña dun grave incidente que nunca debeu ver. Unha orquestra investiga os sons do pasado que evocan a historia de tres mulleres obrigadas a fuxir.

9 ondas

Un home que esquece as súas lembranzas ao beber dunha fonte na fronteira entre Galicia e Portugal,  comeza unha viaxe que o levará a lugares icónicos para conectar con historias diferentes e situacións especiais, antes de descubrir a súa verdadeira identidade.