O QUINTO EVANXEO DE GASPAR HAUSER

Longametraxe do ferrolán Alberto Gracia rodada en formato super 16 mm.

Novo episodio das peripecias do 'enfant sauvage' Gaspar Hauser, acompañado do seu inseparable e querido cabaliño de madeira. Suxeito imposible, Gaspar ten nesta ocasión a personalidade fragmentada en cinco personaxes arquetípicos: un anano sadomasoquista, unha sedutora doncela, un tipo cínico e déspota, un mariñeiro romántico e un batman patético, encarnado este último polo propio director da película. Un antiheroe de bata e zapatillas, fumador compulsivo, que representa a inadaptación na que está inserido o home decepcionado, o home que pensa, o home que é deste mundo sen selo.

 

Titulo orixinal: O Quinto Evanxeo de Gaspar Hauser
Tipo: Longametraxe
Xénero: Comediadrama
Produción propia 
Realizada en branco e negro
Duración: 61´
Orixe: Galicia
Ano: 2013
Idioma V.O.: Galego

Produtora: Zeitun Films
Subvención ou axuda pública: Agadic

FICHA ARTÍSTICA

Dirección fotografía: Mauro Herce
Guión: Alberto Gracia
Montaxe: / Alberto Gracia / Diana Toucedo
Produción: / Oliver Laxe / Felipe Lage Coro
Vestiario e maquillaxe: Mercedes Hermida / Fanny Bello
Xefatura de son: Alberto Gracia / Enrico Fiocco

Director

Alberto Gracia

Elenco

Oliver Laxe Alberto Gracia Josecho Sara García Nando Vázquez
Pedro Soler  Quique Amil

IMAXES DO FILME

VER TRAILER / ANACO