Luis é un mozo documentalista que leva un tempo en Marrocos tratando de realizar o mellor documental sobre o tráfico de inmigrantes ilegais cara a Europa. Este negocio estaba en mans de pequenas organizacións de tipo familiar, pero agora as redes mafiosas están entrando no negocio.
Conta a historia dunha parella aparentemente perfecta. A repentina morte dun compañeiro de traballo, fai que el busque refuxio nas teorías dun famoso escritor, converténdoo na peza necesaria dun destino inevitábel.
Nunha casa onde se está a rodar un filme aparece un cadáver no comedor e aparentemente morre un criado sospeitoso, aínda que éste aparece nun club de gordos.
Pablo é un médico militar enviado a Iraq durante a guerra de 2003. Nunha saída rutineira, o seu convoi é atacado no deserto. El e o seu amigo Diego logran salvarse. Convalecente, é devolto á casa xunto coa súa muller e a filla. Ó ir recuperando as lembranzas comeza a sospeitar que lle ocultan información e négase a secundar a versión oficial dos feitos.