R  (longametraxes)

Rafael

Rafael concilia as súas obrigas laborais co axexo á súa muller embarazada, Bárbara, procurando non ser visto. Na casa aténdea obsesivamente. Mais un día ela desaparece. E anos despois, Rafael recebe a visita inesperada de Bárbara coa filla de ambos os dous, Alicia.

Relíquias

Galicia, século XII. O Arcebispo de Santiago instálase nun convento para descansar dunha viaxe, acompañado de Ferro, o seu axudante. O convento, rexido por unha Abadesa, vive en harmonía. Pero a chegada do Legado Papal, ordenando cambios, perturbará a paz do lugar.

Retornos

Álvaro, tras fuxir de si mesmo durante dez anos, volta á súa vila, unha pequena aldea galega, para asistir ó enterro do seu pai. Alí tentará reconciliarse co seu irmán Xosé e recuperar o amor da súa filla Mar . Todo se complica cando Álvaro atopa a unha muller morta na estrada.
 

Romasanta, á caza da besta

Galicia, 1850. Os bosques están iateigados de lobos. Cada vez son máis os desaparecidos. Os cadáveres mutilados presentan feridas salvaxes. A lenda do home lobo expándese. Bárbara e a súa irmá Xosefa viven nunha casa en metade do bosque. Manuel, un vendedor ambulante e amante de Xosefa, vainas visitar.