Un mozo catalán é enviado dende Blanes a Galicia para xestionar unha pequena nave de salgadura, seguindo os pasos doutros cataláns que foron ás Rías Baixas na busca da sardiña que escaseaba no Mediterráneo. Joan Roig chega a Galicia enviado por Gallup, un rico catalán que ten unha filla da que Roig está namorado.
Sara está casada con Daniel un profesor da Universidade que ao atoparse coa presión de obter a súa Cátedra en estudios medievais comeza a maltratala. Sara pertence a unha clase social acomodada na que ese tipo de circunstancias ocultanse tralas apariencias, e así ela vive o seu drama en silencio.
Luis e Elvira viaxan a Rumanía despois de contactar cunha organización criminal de Europa do Este. Cerca do seu destino reciben unha chamada que os obriga a cambiar de ruta. Para continuar co plan, deben de deterse en Budapest a facer unha recollida. Todo parece sinxelo ata que descobren que se trata dunha nena de oito anos.
Conta a historia de Amancio, un home de mediana idade cunha mentalidade infantil que vive case illado coa súa nai, Elvira, cismática e sobreprotectora, nunha zona da costa galega na que atopa casualmente o seu particular tesouro, un obxecto que uns criminais tentarán arrebatarlle.
Jaime, Marta e a súa filla Isa acaban de mudarse á súa nova casa, nunha acomodada urbanización dos arredores. Mentres se preparan para celebrar a súa primeira noite no novo fogar, unha banda de tres encapuchados irrompe de xeito violento co obxectivo de acadar a maior cantidade de diñeiro posíbel e sen importarlles o horror que sementen ao seu paso..
Dous empresarios españois viaxan a Xeorxia coa intención de comprar unha xoia que en España revenderán a un prezo alto. Pero alí secuéstranos un grupo de guerrilleiros que, en realidade, son cómplices de Carlos, o intermediario do negocio dun deles en Xeorxia.
Ramona, unha nai desesperada por casar ao seu fillo, "remove Roma con Santiago" para atopar unha boa moza casadeira, creándose situacións cada vez máis delirantes.
Paloma, unha psiquiatra nova e namorada do seu traballo que se incorpora a un hospital
remoto en Galicia, onde coñece a Mario, un doente que padece unha estraña enfermidade, unha alteración da memoria.. Descubrir as lembranzas perdidas de Mario levará a Paloma a unha perigosa aventura.
Ignacio e Tomasiño, tío e sobriño, viven no pazo familiar explotando as terras que pertenceron á familia. De súpeto reciben a noticia de que o avó lle deixou o pazo e as terras a Luz Divina, unha curmá de Ignacio que vive en Cuba. Argallan un plan para conseguir recuperar as propiedades, pero as cousas non saen como esperaban
A historia abrangue o período que vai de 1947 a 1986, e estrutúrase en catro episodios vinculado cada un a unha estación do ano. A primavera corresponde á infancia, o verán á puberdade, o outono á madurez e á forzada emigración, o inverno á vellez e ó retorno
Xiao é un enxeñeiro de son que traballa para o Arquivo Sonoro de Galicia percorre as vilas e lugares máis recónditos de Galicia na procura dos sons, das xentes e a natureza. Nesta viaxe coñecerá a Olalla, quen traballa na colleita de algas, e que espertará en Xiao a paixón pola vida, a terra e o salvaxe da Costa da Morte.
Sinbad, extraordinario fabulador, conta as súas viaxes pasadas, reais ou non, aos seus compañeiros na taberna. O dono desta, Mansur, é viúvo e tén unha filla, Sara. Sinbad mantén con ela unha relación moi afectuosa. Acompáñaa ás veces á escola e apréndelle cousas do mar e das estrelas. Sara é a mellor receptora de todos os contos que narra Sinbad.
Andrea é unha neuróloga nova que volta á illa de Salerma, á universidade de Linza onde estudara. Alí descobre que María, ex profesora súa, se suicidou hai pouco, víctima dunha estraña depresión. Como consecuencia un importante experimento que estaba a desenvolver, promovido polo consello reitor da universidade, ten ficado en suspenso.
Carlos e Miguel, dous pais de familia que se coñecen practicamente dende a infancia. Ámbolos dous están a pasar por unha etapa bastante complicada, sen traballo e sen diñeiro. No momento que parece que a situación xa non pode sosterse acontece un milagre: mentres gozan dun día de pesca, atopan un paquete con dez quilos de cocaína.