Irene que convive sen problemas co seu pai Mateo e co fillo, David, de 22 anos. A relación con este último se desenvolve sen problemas ata que el, un brillante estudante da carreira de Arquitectura, decide marchar a vivir coa moza Clara, unha rapaza que se gaña a vida como caixeira dun supermercado. A Irene cústalle comprender e aceptar a decisión do fillo.
Un escritor vigués recibe unha carta encadeada coa solicitude de que a reenvíe. Trátase da típica misiva que promete boa sorte se colaboras e ameaza coa desgraza en caso de non continuar coa cadea.
Historia con dous protagonistas, un militar torturador e un preso político torturado, que levan adiante un diálogo imposible. Os catro actos nos que se divide o filme, están situados nunha sala de interrogatorios. É unha historia dun conflito que vai alén do meramente ideolóxico.
Un mozo está de vacacións nunha vila galega. Despois dunha gran festa atopa un brazo humano na súa neveira. Como non lembra nada do acontecido a véspera, vese na obriga de descubrir quen é o culpábel, sen denunciar o feito á policía.
Tres amigos da infancia ven como a súa amizade se deteriora a raíz das diferenzas de clase e dos conflitos amorosos que xorden nas súas vidas. Raquel, Martiño e Armando son tres amigos que acaban de cumprir a maioría de idade. O verán preséntase como todos os demais, con festas ou tardes no río, pero esta vez nada vai ser igual.