ONS
Ons é un filme dramático galego de 2020 dirixido por Alfonso Zarauza e escrito por Zarauza e Jaione Camborda. É unha longametraxe galega con participación portuguesa rodada en lingua galega con partes en castelán. Estreouse no Festival de Cinema Europeo de Sevilla o 11 de novembro de 2020.
Despois dunha profunda depresión pola morte da súa amante nun accidente de coche, o doutor Vicente (Antonio Durán "Morris") chega xunto á súa esposa Mariña (Melania Cruz) a unha lonxana illa do atlántico, co obxectivo de pasar o verán, curar a súa enfermidade e recuperar o seu matrimonio. A vida na senlleira illa séntalle ben a Vicente, que pide á súa muller prolongar a súa estancia e pasar o outono. Cada día vaise sentindo mellor, ata que tras un naufraxio no medio dun temporal, unha misteriosa e amnésica muller aparece na illa e irrompe nas súas vidas. A partir dese momento xa nada volverá ser o que era.
Titulo orixinal: Ons Produtora: Maruxiña Film Co / Bando à Parte
|
FICHA ARTÍSTICO-TÉCNICA
Dirección de fotografía: / Alberte Branco
Axudante de dirección: / Lorena Vilas
Guión: / Jaione Camborda / Alfonso Zarauza
Montaxe: / Fernando Alfonsín
Produción: / Rodrigo Areias / Alfonso Zarauza / Rubén Zarauza
Axudante de cámara: / Deirdre Canle / Yaiza González
Script: / Alba Gallego
Director
Alfonso Zarauza |
Elenco
Melania Cruz | A. Durán "Morris" | Xulio Abonjo | Marta Lado | Miguel de Lira |
Cris Iglesias | Diego Anido | Anaël Snoek |
IMAXES DO FILME
..
VER EN LIÑA
BAIXAR O FILME
VER TRÁILER / ANACO