O ANO DA CARRACHA
Coprodución galega do ano 2004 dirixida por Jorge Coira e protagonizada por Verónica Sánchez, Félix Gómez e Javier Veiga. Con guión de Carlos Portela, trátase dunha comedia xuvenil caracterizada polo sarcasmo e as referencias xeracionais á cultura alimentada de televisión, cine e rock.
Fran chega ó inevitábel intre de acaba-la carreira. A partir de aí, xorden unha chea de dilemas dos que vai depender o seu futuro. O seu primeira traballo, os problemas coa súa moza provocados pola crise post-licenciatura e a lotaría das oposicións van a traer de cu ó protagonista. Cada decisión será vital, aínda que Fran terá a guía de Morgan, fillo de ricos e fachendoso teórico do "carrachatismo", do que aprenderá moito sobre como chegar á doce vida da dependencia paterna.
Titulo orixinal: El año de la garrapata Distribuidora: Filmanova S.L. |
FICHA ARTÍSTICA
Cámara: / Virvi Fraga
Dirección de produción: / Xabier Eirís
Guionista: / Carlos Portela
Maquillaxe: / María Barreiro / Raquel Fidalgo
Montaxe: / Guillermo Represa
Produción: / Antón Reixa
Director
Jorge Coira |
Elenco
Félix Gómez | Verónica Sánchez | Javier Veiga | Mela Casal | María Vázquez |
Luis Zahera | Xulio Abonjo | M. Carballal | Camila Bossa | Celso Parada |
Ernesto Ferro | Victor Clavijo | César Goldi | Marta Pazos | Rosa Álvarez |
Luisa Merelas | X.M.Esperante | Alvaro Guevara | X.Olveira "Pico" | Elina Luaces |
A. Mourelos | Manuel Millán | Olalla Salgado |