M  (longametraxes)

Máis ca irmáns

A historia real dos chamados "irmáns de Cambre", un home e unha muller que formaron parella sen saber que eran irmáns. A súa situación supuxo un dos primeiros precedentes para o recoñecemento legal das parellas de feito, debido á repercusión social e mediática que tivo o caso.

Malapata

Conta a historia dn neno, Leocadio Remexeiro, alias Malapata, que ten que marchar da súa aldea natal para unha vila mariñeira a vivir coa súa tía. Os seus pais marcharon á emigración europea. Discriminado pola súa apariencia físicia, terá que loitar para demostrar a súa valía.

Maldito bastardo|

Fonsiño escoitou unha fría noite de inverno da boca do seu avó unha historia real chea de violencia e tolemia, poboada por doutores enlouquecidos, garrulos salvaxes, androides teledirixidos, porcos mecánicos e deidades de peluche. Unha historia onde o verídico acabará fundíndose coas invencións e distorsións propias dun narrador senil.

Mar adentro

Película baseada na historia real do tetrapléxico galego Ramón Sampedro, que loitou durante anos polo dereito á eutanasia.Ramón leva case trinta anos postrado nunha cama ao coidado da súa familia. 

Maratón

A vida de Hassán, un inmigrante marroquí residente nun pobo galego, cambia de súpeto cando o seu irmán, Youseff, lle di que ten que pagar axiña o cuantioso dote de Samira, a súa muller, a risco de perder a súa honra e o da súa familia. Para xuntar toda esa cantidade de diñeiro, Hassán debe  correr.

María (e os demáis)

Dende que morreu a súa nai, María coidou do seu pai e dos seus irmáns. Responsábel e controladora, sempre foi o piar da familia e séntese orgullosa diso. Por iso, cando o seu pai anuncia que casa con Cachita, a súa simpática enfermeira, María sente que o seu mundo se esborralla. Chegou o momento de atreverse a vivir a súa propia vida.

María Solinha

O lendario dragón que dorme nunha cova debaixo da Illa de San Simón funciona como metáfora no filme e tamén como fío conductor xa que, como explica o director, “María Solinha é atacada polo mesmo dragón nos séculos XVI e XXI. Comeza así unha viaxe entre presente e pasado, historia e lenda, realidade e ficción.

Mar libre

O amor entre o fillo dun pescador e a filla dun rico fomentador catalán da industria da salga, discorre no medio dunha gran revolta social das xentes do mar.

Maruxa

Rosa é unha rapaza herdeira dunha gran fortuna, que regresa á aldea logo de moitos anos nun internado. Os seus titores queren casala co seu fillo, Antonio. Porén, Rosa quere a Pablo, un pastor ao servizo de Buenaventura, e Antonio quere a Maruxa. Para se citaren cos seus amados, Rufo é o mordomo da casa, que procura evitar os encontros entre os amados. 

Mentíndolle á vida

Narra o conflito de dúas familias fronte a desaparición da moza Cristina Durán. Todo semella apuntar como culpábel ao seu ex mozo, Enrique Souto, mais a investigación policial, personalizada no inspector Diego Martí, exculpa ao principal sospeitoso. 

Mia Sarah

Un adolescente leva moito tempo encerrado na casa. O seu avó, un gran escritor, ensínalle todo o que precisa saber da vida. A súa irmá coñecerá unha persoa que vai cambiar moitas cousas.

Mimosas

Conto épico sobre a fe que relata a historia de Ahme, Said e Shakib na súa loita por atopar un camiño a Sijilmasa, lugar ao que deben chegar tras o encargo de dar sepultura alí ao corpo dun honorábel mestre sufí que acaba de falecer e desexaba descansar xunto aos seus.