Lawrence, prestixioso escritor e profesor de universidade, chega ós seus 60 anos a unha antiga cidade a pasar o curso de inverno. Alí, por medio do seu colega Elías, descobre unha casa moi especial, rexentada por unha muller misteriosa. Nesta casa, homes maduros pasan a noite xunto a mozas novas narcotizadas, que permanecen tranquilamente sedadas.
Urbano recolle co seu taxi unhas prostitutas, coas que tamén viaxa unha meniña. Sen que el o saiba, é seguido por Blanca Madison, cantante de boleros, muller ferida física e psiquicamente na súa puberdade. Blanca volve á cidade onde sufriu con Bocanegra, para organizar unha quente vinganza.