H  (longametraxes)

Heroina

A acción está ambientada en Galicia nos anos oitenta. Pilar é unha muller normal que un día descobre que un fillo dela é adicto á heroína. Arredor de Pilar outros moitos pais estanse encontrando co mesmo problema. Cando comezan a reunirse, a incerteza vaise transformando nunha vontade firme de denunciar a impunidade do narcotráfico nas nosas vilas

Hotel Tívoli

Seguindo o itinerario dun chisqueiro que vai sendo perdido polos seus sucesivos donos en diferentes lugares do mundo, constrúese unha historia de historias. O denominador común son as relacións de parella, o "amour fou" mais a aparición de sorprendentes personaxes portadores de relatos insólitos