A  (longametraxes)

A Atlantida

Cando Victoria descobre que lle resta pouco de vida, o único que lle importa é a situación en que vai ficar o seu fillo adolescente, Mauro, con quen vive en Barcelona. Daquela proponlle ao seu ex marido venderen "Atlántida", a casa de ambos na Coruña. Pero este négase.

 

A Bela Otero

A cantante e actriz Carolina Otero, a deusa da Belle Époque foi protagonista de múltiples aventuras con personaxes da nobreza e artistas do seu tempo. Inventou as súas orixes e viviu envolta nun misterio que alimentou a envexa das súas rivais e o desexo de homes podentes.

.

 

A biblioteca da iguana

Andrés é un profesor universitario especializado en Lingüística que descobre unha grave anomalía nunha novela que adquiriu para matar o tempo durante unha viaxe en avión: O que comezara como unha historia seria convértese nun vulgar relato do Oeste.

 

Abrigate

Valeria, unha arxentina de ascendencia galega que se tralada a vivir a unha vila galega co obxectivo de atopar e coñecer as súas orixes. Nesta aventura atoparáse con persoas dispares, especialmente cando emprenda a busca do seu amante, un home maduro chamado Yves. Unha vez descuberta a morte de Yves, acabará por namorarse de Marcelo, o fillo deste.

 
Enciclopedia del Cine Español: A casa da luz (2010)

A casa da luz

Un grupo de nenos pasan as vacacións en Eiravella, unha localidade entre o rural e o urbano. Xogan con Duarte, un pintor e ex profesor de plástica, que de súpeto desaparece sen rastro. Os nenos descobren un cadro no que aparece Duarte, e entón comezan a desvelar o misterio da súa desaparición. 

 

A casa da Troia

"A Casa da Troia" é unha pensión de estudantes galopíns ós que lle gusta a esmorga. Alí chega un novo inquilino que se namora de Carmiña, unha moza galega. Mais ela négase a casar con el ata que acabe os seus estudos.

 

A cicatriz branca

Merce viaxa a Arxentina, sen lugar onde ir nin a quen acudir. Ademais dun traballo na fábrica Mil8, casa e asiste a clases de contabilidade, pero un bo día a norma cae por algo tan simple como prendarse dunha situación que aínda non é capaz de nomear.

 

 

A crise carnívora

Grazas ó Pacto Vexetariano, tódolos animais conviven en paz e harmonía. Todos menos un: a hiena Crevel, que vive coa angustiosa sensación de non volver a proba-la carne. Unha noite Crevel acude ó cemiterio disposto a devora-los cadáveres, pero non pode facelo, porque non hai ningún.

 
undefined

A esmorga

Crónica tensa e intensa de vinte e catro horas na vida de tres homes, compañeiros de esmorga que, deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van fechando portas tras si e guindando coas chaves, como para non querer volver, tal coma se adrede camiñaran á súa perdición.

 

A estación violenta (2017) - Filmaffinity

 

A estación violenta

A vida non é inofensiva. Pode ser esgotadora e frustrante. A Manuel gustaríalle ser escritor, mais en lugar diso vive atrapado na súa rutina, sen ser quen  de afrontar as súas emocións. Terá un inesperado reencontro cos seus mellores amigos da adolescencia que fará disparar todas as súas pulsións.

 

A Historia dun Satélite (2017) - IMDb

 

A historia dun satélite

Rafael vive de pequeno un acontecemento que o marcará para sempre: o seu pai morre aplastado por un satélite. Vinte anos despois, Rafael traballa como enterrador, e inicia un rocambolesco periplo vital no que acaba por darse de conta que toda a súa vida estivo orbitando nunha dirección trabucada.

 

A lingua das bolboretas

Moncho non quere ir ó colexio porque teme que o profesor lle pegue, como era habitual na educación da época. Pero o seu mestre,  Don Gregorio, utiliza o método de observación como ensinanza. Durante estes sucesos, estanse librando batallas preto de Madrid. 

 

A mariñeira

Drama histórico que conta a dura e valente acontecementos dunha muller galega na Carnota da Guerra Civil. Fará fronte á opresión da época e as inxustizas sociais e de xénero que asolan a poboación. 

 

A matanza canibal dos garrulos lisoxénicos

Uns incautos mozos voltan dun concerto de cando se lles avaría o coche. No medio do monte acólleos unha rústica familia que non tardará en desvelar as súas inclinacións gastronómicas... o canibalismo. Trátase dunha familia de gandeiros que, arruinada coa entrada en vigor das cuotas lácteas europeas e víctima dunha intoxicación de LSD, decide reorientar a economía familiar cambiando a carne porcina e vacuna pola humana

 

A metade da vida

Historia dun triángulo amoroso entre un músico chamado H. Eire, un amigo del e a compañeira deste último. Na vida de Eire aparecen ademais un tío e a súa sobriña, o primeiro ancorado no seu interese pola literatura e a segunda, a converterse nunha muller nova moi interesante.

 

A noite que deixou de chover

Os camiños de Spleen (Luis Tosar) e a Rusa (Nora Tschirner) crúzanse para unir os seus destinos nunha viaxe inesperada, tenra e surrealista.. Unha viaxe polo interior da cidade de Santiago de Compostela, da noite e deles mesmos, que cambiará as súas vidas para sempre.

 

A noiva de medianoite

Baseado nun argumento orixinal de Luis Buñuel, esta é unha historia de amor mesturada con traxedia no seo dunha familia nobre galega.

 

Anos despois

Andrés, que vive en México DF, cría morto o seu avó materno. Cando descobre que aínda vive, decide visitalo. A nai de Andrés está resentida co seu pai, que estivo ao servizo do goberno franquista, por deixala orfa de nai: E é que o agora ancián non impediu no seu día a morte da súa propia mulle por ser republicana. Agora, Andrés vaise namorar dunha galega e tentará convencer súa nai para que veña tamén a Galicia.

 

A paixón de María Soliña

María Soliña é unha das personaxes lehendarias da cultura galega que mellor define a loita contra a adversidade e a represión do poder. A súa historia resume á perfección a persecución á que se viron sometidas moitas mulleres, non so en Galicia senón tamén en toda Europa.
.

 

A pedra do lobo

A natureza é cruel. A vida é cruel. Unha estúpida carreira para escaparmos da morte, unha máis estúpida fuxida cara á morte. Unha selva de sentimentos. Na selva non hai perspectiva, non hai liñas rectas, non hai perpendiculares nin horizontalidade: só unha masa de órganos e exhuberancia. Vida cruel. O son da morte. A música da morte. Nada é verdade.

 

A pesar de todo, quérote

O eixe do argumento é o enfrontamento á morte por parte duns rapaces de vinte anos que quedaron ancorados no falecemento de dous dos seus amigos.
 

 
Nova: La película A praia dos afogados llega mañana a O Pereiro de Aguiar  en el marco de Redecinema | Cultura de Galicia

A praia dos afogados

Conta a historia da investigación de dous policías, Leo Caldas e Rafa Estévez, que investigan unha morte que semella nun principio un suicidio e resulta ser un asasinato.

 
Amazon.com: The Promise (La Promesa) : Carmen Maura, Ana Fernández, Juan  Margallo, Héctor Carré: Películas y TV

A promesa

A Gregoria teríalle gustado chamarse Celia, teríalle gustado ter fillos e un marido que a respectara. Invoca os santos pregando unha vida diferente, pero a súa desgraza só cambiará cando as palabras dun descoñecido se crucen no seu destino. Co nome de Celia comezará unha nova vida servindo na casa dunha acomodada familia galega.

 

Arde amor

Tras a morte dunha parella, o amigo que compartiu con eles as súas últimas semanas de vida descobre os resortes dunha historia de morte e de amor ambientada nunha cidade atlántica. Rodada na cidade da Coruña e proximidades.

 
Arima (2019) - Filmaffinity

Arima

A vida de catro mulleres e unha nena vese alterada pola chegada inesperada de dous forasteiros. Un deles foxe do outro, agochándose polo pobo como un ser  fuxidío,  fantasmagórico e de dubidosa existencia. O outro, un home ferido e cunha arma, perturbará de moitos xeitos a vida das mulleres. Todo iso moverase na fronteira entre o real e o imaxinado, entre o pesadelo e o soño, entre o medo e o desexo.

 

A rosa de Alexandría

Cando o cadáver de Encarna Abellan aparece esnaquizado nunha praia de Barcelona, o detective Pepe Carvalho comeza as pescudas e viaxa á Coruña. Ela estaba casada cun rico propietario pertencente a unha coñecida familia coruñesa e viaxara a Barcelona para se someter a un tratamento de fertilidade, mais antes mantivera relacións con Ginés Larios, oficial da mariña mercante e ex-mozo seu, a quen deixara para casar co rico herdeiro. 

 

A rosa de pedra

Tres mulleres viaxan a Santiago de Compostela para realizar unha reportaxe de moda. Na cidade o percorrido polas rúas, o encontro cos seus personaxes, principalmente co cego Bastián, contador de contos, vai transformando a realidade das protagonistas.

 

Arraianos

Neste retrato sobre un pequeno pobo perdido nos bosques fronteirizos, momentos de ficción conviven co cotián dos seus habitantes, os arraianos, agora actores que representan a súa propia vida. Realidade, mitos e sonos fúndense neste filme libremente inspirado na obra O bosque do dramaturgo Jenaro Marinhas del Valle

 

As altas presións

Miguel viaxa a Pontevedra, a súa cidade natal, co encargo de rexistrar as localizacións para un filme. A súa viaxe lévao de regreso ó lugar no que medrou, ó reencontro con vellos amigos, pero tamén á posibilidade dunha nova relación: Alicia, unha enfermeira. Miguel tratará de levar a cabo o seu traballo aínda que case sempre prefira gravar ós paisanos cos que se atopa, os movementos e as facianas dos seus amigos...

 
Assalto ao Santa Maria (2010) - Filmaffinity

Asalto ao Santa María

Historia de amor ambientada no asalto ao buque Santa María, acontecido no Mar do Caribe en 1961. O navío foi tomado por un grupo de antifascistas baixo o mando do portugués Henrique Galvão e os galegos Velo e Sotomayor. Foi un acto contra as ditaduras de Franco e Salazar e o primeiro secuestro político dun trasatlántico.

 

A Sinapse do Códice

Ana é unha estudante de cine que, ao acabar o seu curso na Sorbonne, promételle a Cátia, unha amiga súa, escribir un guión para que ela volva a Europa e sexa a  protagonista. Ana, acaba lendo o Códice Calixtino. Aí descobre o personaxe de Gerberga de Flandes, a primeira muller que percorreu esta vía. 

 
Cine: El Síndrome de Cacareco. La verdad a la cara | Programación TV

A síndrome Cacareco (A verdade na cara)

Conta a historia dun candidato ás eleccións municipais moi especial: Chámase Iago e ten Síndrome de Down. Sabela vive soa cos seus dous fillos, Dani, un mozo que nin estuda nin traballa, e Iago, que loita por ser un candidato político.

 

A sombra da lei

España vive un momento axitado e caótico: son os anos do chumbo, froito dos violentos enfrontamentos rueiros entre matóns e anarquistas. O  gansterismo e os negocios ilegais están instalados na sociedade. Nesta situación de disturbios, Aníbal Uriarte é un policía enviado a Barcelona para colaborar na detención dos culpábeis do roubo a un tren milita.

 

As viúvas do mar

Un pequeno barco de pesca sae de novo ao mar.  A vida das familias dos mariñeiros volve á rutina de sempre: as mulleres fanse cargo da situación mentres agardan ilusionadas a volta dos seus homes. Só que esta vez, O Santoña sufríu un grave accidente e afundíu.

 

A Terra do Fogo

Finais do seculo XIX: Un home exaltado diríxese a un grupo de persoas falando da obsesión que o perseguiu durante longo tempo. Despois da súa alocución, un individuo achégase a el e apuñálao. Anos atrás comezou a aventura de Julius Popper, un enxeñeiro rumano que en 1860 tomou posesión das costas de Tierra del Fuego en nome da raíña Carmen Sylba. 

 

A traxedia de Xirobio

O filme, considerado a primeira longametraxe producida en Galicia,  baséase nunha das corenta e catro pequenas pezas do libro Cousas de Castrelao, concretamente:  " Xa van alá moitos anos e aínda hoxe teño remorsos. Non había antroido que deixasen de vir á miña casa dúas máscaras choqueiras..."

 
 

Autopsia

Un xornalista novo investiga dous asasinatos sen resolver. Ao implicarse coa atractiva irmá dunha das vítimas, involucrarase aínda máis nos casos

 

A vida que che espera

Unha pelexa motivada por unha vaca, acaba co asasinato de Severo por parte dun gandeiro chamada Xildo Este ten dúas fillas: Xenia e Val Cando o fillo do malogrado Severo, Rai, chega á vila para o enterro, sentirase atraído por Val, filla do home que matou ao seu pai.