O QUE ARDE
O que arde é un filme dramático galego de 2019 dirixido por Óliver Laxe.e interpretado por actores afeccionados como Amador Arias e Benedicta Sánchez. Estreouse na sección "Un Certain Regard" do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019, onde gañou o premio do Xurado, sendo a primeira película falada en lingua galega proxectada na sección oficial. Coprodución internacional onde intervén a produtora galega Miramérica co apoio de Agadic, TVG ou a deputación de Lugo.
A historia desenrólase nos Ancares en dúas realidades diferentes: a dun veciño pirómano que sae do cárcere e volve á vila; e a de dous brigadista que loitan contra o lume.
Titulo orixinal: O que arde Emisión ou proxección: Festival Internacional de Cinema de Cannes
|
FICHA ARTÍSTICA-TÉCNICA
Cámara: / Mauro Herce / Carlos Cañal
Dirección fotografía: / Mauro Herce
Axudante de dirección: / Luis Bértolo
Dirección de produción: / Andrés Seijo
Dirección artística: / Manuel Eslava Fajardo
Guión: / Santiago Fillol / Oliver Laxe
Produción: / Mani Mortazavi / Andrea Queralt
Co-produción: / Elise André / Donato Rotunno / Koldo Zuazua
Delegado de produción: / Xavi Font / Andrea Vázquez
Director
Oliver Laxe |
Elenco
Benedicta Sánchez | Amador Arias |
IMAXES DO FILME