OS LUNS Ó SOL
Titulada orixinalmente en castelán Los lunes al sol, é un filme de Fernando León de Aranoa protagonizado por Javier Bardem e actores galegos como Luís Tosar ou José Ángel Egido entre outros. Esta produción rodada principalmente entre Vigo e Xixón e estreada en 2002, obtivo unha grande acollida, sendo merecedora de multitude de premios, entre eles varios premios Goya.
O escenario desta película é unha cidade costeira do norte, inubicada, que podería ser Vigo, Ferrol, Xixón, Bilbao ou tantas outras. Os protagonistas son un grupo de amigos ós que a reconversión industrial deixou no paro. Pasan os días entre a inactividade e a despesperación, matando o tempo nun bar onde se reúnen, tentando espantar a pantasma do desemprego. Pasean polas rúas sen rumbo fixo e pola falta da rutina laboral chegan a perder a autoestima e mesmo a esquecer en que día de semana viven.
Titulo orixinal: Los lunes al sol Emisión ou proxección / Televisión de Galicia |
FICHA ARTÍSTICA
Axudante de dirección: / Antonio Ordóñez Guerrero
Dirección artística: / Julio Esteban
Dirección de produción: / Primitivo Álvaro Pérez
Dirección fotografía: / Alfredo Fernández Méndez
Guionista: / Fernando León de Aranoa / Ignacio del Moral
Xefatura de produción: / Gregorio Hebrero
Xefatura de son: / Pierre Lorrain
Director
Fernando León |
Elenco
Javier Bardem | Luis Tosar | José Ángel Egido | Celso Bugallo | Aida Folch |
Nieve de Medina | Fernando Tejero | César Cambeiro | Luis Zahera | Pepo Oliva |
A. Durán "Morris" | Mónica García | Enrique Villén | Joaquín Climent | Antonio Mourelos |
Luisa Merelas | Serge Riaboukine | Laura Domínguez | Andrés Lima | Miguel Borines |
Denis Gómez | Luisa Martínez | Casilda Alfaro | Lois Soaxe | Belén López |