V (longametraxes)
Vacas, porcos e zapatos de tacón Unha familia mexicana, descendente de galegos, recibe a noticia do falecemento do avó. No seu testamento, o emigrante expón dúas condicións para que os seus descendentes poidan herdar: facerse cargo da súa cadeliña Lupita; e regresar á Galicia para recoller a colleita. |
|
En 1951 un médico anónimo escribe a carta máis difícil da súa vida. Presionado por importantes e dolorosos segredos, imponse un duro castigo que considera xusto: renunciar para sempre á súa vocación e partir para o desterro. Sesenta anos despois, a vida doutro doutor, Gonzalo Herrero, é un navío á deriva. |
|
Despois de ter rematado o franquismo, Breixo vive coa súa familia nunha illada aldea, e prepárase para converterse algún día en cura. Un día atópase cos membros dunha comuna hippie que se asentou nos arredores da súa aldea, e axiña se deixa seducir polo seu estilo de vida. Decide entón colaborar con eles para recuperar as casas abandonadas de Vilamor. |