E (longametraxes)
No intento por rescatar a súa filla de morrer afogada, Alba perde o coñecemento. Ao acordar entéirase de que a nena desapareceu. Atormentada pola culpabilidade, Alba escoita sons, que pouco a pouco se converten en voces de mortos. Entre elas, a dunha nena que non é a súa filla. |
|
Eduardo Barreiros, O Henry Ford galego A carreira profesional de Barreiros, un rapaz ourensán de pobo, comezou coa xenial idea de converter motores de gasolina en motores diésel, chegando a crear un imperio industrial con case 25.000 traballadores, a pesar da hostilidade dun sector gobernamental tan influente como o INI. |
|
Unha viaxe pola mente de Amancio, un mozo cun comportamento infantil, condicionado fortemente polo seu pasado, a súa educación, as malleíras recibidas e o seu illamento nunha localidade costeira. Amancio crea un mundo imaxinario, como un xeito de fuxir da súa crúa realidade, onde non se pode distinguir entre personaxes reais e imaxinarios. |
|
Marcela Gracia e Elisa Sánchez foron dúas mestras galegas. As dúas mulleres constituíron o primeiro matrimonio entre persoas do mesmo sexo de España do que hai constancia. Casaron o 8 de xuño de 1901 na Coruña ás sete da mañá. Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina. |
|
Un grupo de amigos únense co propósito de realizar un filme, co sumario xudicial do caso do afundimento do ‘Prestige’ como pano de fondo.O traspés financieiro da industria cinematográfica e un sistema de axudas públicas pouco operativo fan que un director de cine teña que reinventar o guión dun filme en dúas semanas. |
|
Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde Trama sobre Emilia Pardo Bazán, pioneira en moitas facetas da cultura española. Desenvolveu unha cátedra universitaria, a primeira xornalista profesional da península, ideóloga do feminismo decimonónico e autora de novelas, libros de viaxes, biografías e preto de mil ensaios, artigos e crónicas na prensa española e internacional.. |
|
Emilio e Miguel son dous anciáns recluídos nun xeriátrico que se fan amigos. Emilio, que padece un principio de alzheimer, conta coa axuda de Miguel e outros compañeiros que tratarán de evitar que vaia a parar ó andar dos eivados. |
|
Filme que narra o conflito na ría de Arousa entre os antigos contrabadistas de tabaco e os novos narcotraficantes a través da historia de Mario, un experto condutor de planadoras e de Sego, un antigo amigo seu que opta por pasarse ó tráfico de drogas. |
|
Uns ex-compañeiros da mesma promoción de xornalistas reúnense durante unha fin de semana despois de dez anos acabados os seus estudos, unha promesa que se fixeran no seu momento. A reunión consiste nunha fin de semana enteira, que comeza cunha merenda. |
|
A trama da película, ambienta da Fraga de Cecebre, ao igual que a súa anterior produción,O biosque animado, consiste no intento das árbores e animais da mesma en impedir que se constrúa unha estrada a través do bosque. |
|
Un relato surrealista e metafísico en torno a un extravagante personaxe, "Eu". "Eu" casa coa súa querida e ben amada bicicleta. Acusado do asasinato do vehículo, foxe da cadea e chega a ser presidente do goberno. |