SEI QUEN ES

Unha produción galega dirixida por Patricia Ferreira e estreada en 1999. 

Narra a historia de Paloma, unha psiquiatra nova e namorada do seu traballo que se incorpora a un hospital remoto en Galicia, onde coñece a Mario, un paciente moi especial. Inquietante e sedutor, padece unha estraña enfermidade: a síndrome de Korsakov - unha alteración da memoria-. Descubrir as lembranzas perdidas de Mario levará a Paloma a unha perigosa aventura na que os dous se enfrontarán a secretos aínda agochados da recente historia do estado español.

Titulo orixinal: Sé quién eres
Tipo: Longametraxe
Xénero: Intriga
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 100'
Orixe: Galicia
Ano: 1999
Idioma V.O.: Castelán
Dobrada: Galego
Orzamento: 1.827.140 €
Espectadores: 105.705

Distribuidora / Alta Films / Baños Films 
Produtora / Continental. /Tornasol F. /Zarlek
Subvención ou axuda pública / Consellería de Cultura

 

IMAXES DO FILME

VER TRAILER / ANACO