Sería no 1982 cando Chano Piñeiro estrea Eu, o tolo, longametraxe subrealista que comezaría a rodar no  ano 1978, protagonizado por Xosé Olveira "Pico". Dous anos máis tarde, no 1984, a curtametraxe Mamasunción estréase en Vigo, e consegue atraer a atención de diversos festivais internacionais. Tal foi o éxito deste filme que o 25 de xullo de 1985 a TVG abriu a súa primeira emisión con esta curta.

Primeira emisión da TVG. (1985)

O verdadeiro despegue do cinema galego prodúcese neste ano de 1984. Coa introdución das axudas da administración autonómica á realización de filmes curtos, en anos posteriores xurdirían unha serie de obras en 35 mm que servirían para dar a coñecer cineastas novos, na súa maioría de formación autodidacta, como o devandito Chano Piñeiro, Xavier Villaverde, Alfredo García Pinal ou Daniel Domínguez, entre outros.

Resultado de imaxes para sempre xonxa rodaxe

Imaxes da rodaxe de Sempre Xonxa. (1989)

Era xa moito o camiño andado e só faltaba dar o salto definitivo á longametraxe. As primeiras películas longas en 35 mm, Sempre Xonxa (Chano Piñeiro), Continental  (Xavier Villaverde) e Urxa (Alfredo García Pinal / Carlos A. López Piñeiro), que foron presentadas en novembro de1989 en Vigo durante a celebración da mostra chamada Cinegalicia, que gozou dunha ampla cobertura publicitaria. Resulta innegable que se tratou no seu momento dun acontecemento histórico para a cinematografía galega. Urxa (1989) significou a reaparición como director de longametraxes de Carlos A. López Piñeiro, case 10 anos despois da produción de Malapata (1980). A realización de Sempre Xonxa, formulada como un triángulo amoroso nunha aldea e a súa evolución ao longo de corenta anos tamén foi atípico, dado que a rodaxe se distribuíu ao longo de ano e medio, respondendo á vontade do director Chano Piñeiro de corresponder as distintas etapas da vida dos personaxes co paso das distintas estacións do ano. Os intereses estéticos que levaron a Xavier Villaverde a realizar Continental  (1989) conectaban directamente co que ata entón viña desenvolvendo nos seus traballos de vídeo e publicidade. Nesta película, o director apostou por un elencode importantes intérpretes nos papeis principais, secundados por un bo número deactores e actrices galegos.

 

Resultado de imaxes para Carlos A. López Piñeiro

 Imaxes do filme Urxa. (1989)


No haber de 1991 hai que apuntar unha nova película con subvención da Consellería de Cultura: trátase de Martes de Carnaval (Fernando Balauz / Pedro Carvajal, 1991), estreada en Galicia, sen apenas repercusión pública e na que participou en coprodución o coruñés Javier Ozores. Ademais, estréase El juego de los mensajes invisibles (Juan Pinzas, 1991), de Atlántico Films na que se trata a vertente sobrenatural a través da convivencia dalgúns personaxes con fantasmas, cos que se intercambian consellos eopinións.

En 1993 prodúcense Baile de las ánimas (Pedro Carvajal, 1993) e Huidos (Félix Sancho Gracia, 1993), de Sancho Gracia P.C. Pero, sen dúbida, o maior éxito de venda directa lógrase con Tirano Banderas (José Luís García Sánchez, 1993), produción de nacionalidade hispano-cubana rodada na Habana e na que a produtora galega Luz Directa presenta unha pequena participación en réximede coprodución.
O ano seguinte a produtora Sun Lúa embárcase na preparación da rodaxe de Dáme lume  (Hector Carré, 1994), para o que conta con Vici Produccións para poñeren pé unha historia escrita polo propio director, que se formulou como un thriller. A metade da vida (Raúl Veiga, 1994).

Resultado de imaxes para dias de voda. juan pinzas
 Imaxes da estrea de días de voda. (2002)

Un ano mais tarde fílmase La ley de la frontera (Adolfo Aristarain, 1995), unha produción galego-arxentinana que participa Adai Films. En 1996, estréase La Moños (Mireia Ros, 1996) de Adai Films e Bailando con todos, rodada integramente en Barcelona.
O 1997 foi un bo ano para o cinema galego en canto a número de producións: longametraxes como Dáme algo (Hector Carré, 1997) de Sun Lúae Benxamín P.C., rodada en Galicia; Inés de Portugal (de Televisión de Galicia e Continental Producciones entre outras), coproducida con Portugal; A noiva de medianoite (Antonio Simón, 1997) de Encuadre Producciones de Cine e Televisión de Galicia, primeira longametraxe cinematográfica de Antonio Simón que desenvolve un guión escrito para Luis Buñuel, que o cineasta aragonés non chegou a dirixir e que non gozou de boa acollida polo público ou Un buen novio (Chus Delgado), de Adai Films con outras produtoras españolas. Nena (Xavier Bermúdez, 1997) de Xamalú Films e Televisión de Galicia, e baseada nun relato do novelista ruso Ivan Turgueniev, que recrea a figura de Lolita.

  Héctor Carré na rodaxe de La Promesa. (2004)
O ano 1998 supón a plena consolidación do sector cinematográfico galego, a xulgar polo número de longametraxes, un total de cinco, producidas por empresas galegas. Frontera Sur (Gerardo Herrero, 1998) de Continental Producciones é unha coprodución galego-arxentina que recrea o mundo da emigración galega a Bos Aires. Cando el mundo acabe, te seguiré amando (Pilar Sueiro, 1998) é un drama romántico de Atlántico Films. Fisterra, onde termina o mundo (Xavier Villaverde, 1998) é a segunda longametraxe deste director, producida por Continental Producciones e Tornasol e interpretada por Nancho Novo, Elena Anaya, Enrique Alcides ou Chete Lera, entre outros. Blanca Madison (Carlos Amil, 1998), de Vici Producciones e Adai Films e protagonizada por Rosa María Sardà, Javier Albalá, Pilar Punzano e Mario Gas, non foi estreada ata 2003 nas salas comerciais de exhibición por falta de distribuidora. Arde amor (Raúl Veiga, 1998) de Fenda Filmes, que non se estreou ata 2001, contou coas interpretacións de Chete Lera, Rosana Pastor, Sergi López e María Bouzas.
Cando volvas ó meu lado (Gracia Querejeta, 1999) contou coa produción asociada de Continental Producciones e narra a historia de tres irmás que, despois dalgún tempo sen verse, reúnense de novo arredor da nai que acaba de morrer. Cuerda dirixiu este mesmo ano a película baseada nos relatos do escritorManuel Rivas, A lingua das bolboretas (José Luís Cuerda, 1999) e producida por Las Producciones del Escorpión, Sogecine e o Grupo Voz, coa colaboración da Televisión de Galicia, e que está ambientada na primavera de1936 nunha vila galega.
Sei quen es (Patricia Ferreira, 2000), coproducida por Continental Producciones, recrea a historia dunha psiquiatra namorada do seu traballo que, cando chega a ocupar a súa praza nun hospital remoto de Galicia, atopa un paciente moi especial. A longametraxe Era outra vez (Juan Pinzás, 2000), a primeira película Dogma do cinema español, foi producida por Pilar Sueiro para Atlántico Films, coa participación de Televisión de Galicia. Divertimento (José García Hernández, 2000), coproducida por Formato Producciones e pola Televisión de Galicia, entre outras, foi rodada no Teatro Jove de Ferrol, e narra a historia dun popular actor de televisión, encarnado por Federico Lupi, que está inseguro do seu talento. Francisco Rabal, un lendario actor, proponlle un reto para probara súa categoría. A figura de Castelao, o pensador galego máis destacado do século XX, serve de fío conductor para coñecer Galicia desde comezos de século ata 1951, ano da morte do líder galeguista. Mediante a voz de toda unha miriada de persoas que o coñeceron persoalmente, na longametraxe documental Castelao e os irmáns da liberdade (2000) móstrase cómo erao Castelao real e como era percibida a súa figura polos seus coetáneos.
O bosque animado (Manolo Gómez e Ángel de la Cruz, 2001)  foi a primeira película europeade animación en 3D baseada na obrade Wenceslao Fernández Flórez. Tamén foi a segunda produción galega en conseguir un Goya e a primeira en conseguir dúas figuras. Lena (Gonzalo Tapia, 2001), coproducida por Filmanova narra a historia dunha adolescente envolta nunha rede criminal de Vigo por salvar o seu pai e está protagonizada por Marta Larralde e Manuel Manquiña. Off Films produciu Belas dormentes (Eloy Lozano, 2001), unha misteriosa historia arredor do desexo, baseada na novela do premio Nobel xaponés Yasunari Kawataba.

Resultado de imaxes para eloy lozano, cineasta

  Eloy Lozano. (1953-2009)


El misterio Galíndez (Gerardo Herrero, 2002) é unha película coproducida por Continental Producciones que combina feitos reais e ficción, personaxes vivos e mortos, para debuxar e denunciar a estratexia estadounidense de apoio ás ditaduras latinoamericanas e os seus crimes. O alquimista impaciente (Patricia Ferreira, 2002), baseado na novela homónima de Lorenzo Silva e producido por Continental Producciones, TVG, Tornasol Films e Cartel. O cineasta Juan Pinzás obtivo de novo o certificado oficial Dogma 95 para a súa película Días de voda (Juan Pinzás, 2002), un filme producido por Pilar Sueiro para Atlántico Films e que foi estreado coa peculiaridade de que se ofreceu nos cines españois en versión en galega, pero subtitulado ao castelán. A multipremiada Os luns ó sol (Fernando León de Aranoa, 2002), producida por Elías Querejeta PC, en coprodución con Quo Vadis (Francia) e Eyescreen (Italia), con Continental Producciones e Media Pro como produtoras asociadas, é un retrato colectivo dun grupo de amigos unidos por unha circunstancia común: o paro e a imposibilidade de atopar un traballo digno.

Por outro lado, Filmax, presidida polo galego nacido na Fonsagrada e afincado en Cataluña Julio Fernández, que se consolidou como unha das distribuidoras de cinema e vídeo independentes máis importantes do país, comezou a interesarse pola produción, primeiro con participacións minoritarias e máis tarde asumindo o papel de produtora. A finais dos noventa creou unha filial específica paraesta actividade, Castelao Productions e, dentro desta, puxo en marcha o selo Fantastic Factory de cinemafantástico e de terror. É precisamente neste xénero que Filmax produciu Dagón, la secta del mar (Stuart Gordon, 2002), unha película rodada en Combarro e que contou coa participación de Paco Rabal na repartición. Machín, toda unha vida (Nuria Villazán, 2002) é unha visión actual da vida artística e persoal do cantante afrocubano Antonio Machín, que contou coa participación da Televisión de Galicia. A difusión das imaxes nas que o asesor presidencial peruano, Vladimiro Montesinos, subornaba altos cargos do país, que provocaron un conflito político que acabou coa caída do réxime de Fujimori, foron o pano de fondo no que semoverán Ollos que non ven (Francisco Lombardi, 2002), a última película do realizador peruano Francisco Lombardi e na que traballou a produtora coruñesa Aldea Films.


Imaxe relacionada

  Julio Fernández, presidente de Filmax

As participacións ata xullo de 2005 das empresas galegas en produción de longametraxes ascenderon a 108, se ben algunhas delas limítanse en moitos casos á compra de dereitos de emisión en galego, como é o caso da Televisión de Galicia, sin que iso implique a participación de equipos galegos nin persoal da empresa. Ademais, é posible comprobar como o ritmo de participación destas empresas incrementouse a partir da segunda metade da década dos anos noventa, chegando á cifra de 27 no ano 2004.
Manolo González, que foi director da Escola de Imaxe e Son de Coruña durante o período transcorrido entre 1990 e 1998, é o padriño dunha nova xeración de realizadores do cine galego, liderada por Jorge Coira, que en abril de 2004 estreou no Festival de Málaga a súa ópera prima, O ano da carracha. Virginia Curiá, Tomás Conde, Sandra Sánchez, Beatriz del Monte, Paco Cuesta, Jorge Coira, Chema Gagino ou Xosé Zapata forman o que deu en chamarse a Xeración Escola de Imaxe e Son da Coruña, a do relevo que tardou en chegar. No informe Audiovisual Galego 2003 conclúese que a idade media dos directores galegos que estrearon no bienio 2001-2002 era entón de 42 anos, un dato peculiarse se ten en conta que seis das producións foron ópera prima. É destacable a ausencia entre os títulos estreados de directores menores de 30 anos, segundo salienta Jaime Pena, director de programación do CGAI. E é que houbo unha falta deconfianza nos realizadores novos e por iso non se produciu adesexable renovación xeracional no cine galego.
Ademais, cabe subliñar que mentres moitas das empresas audiovisuais encárganlle a dirección ou realización de boa parte dos seus traballos (longametraxes, TV movies, series, etc.) a cineastas de fóra de Galicia, un bo número de novos creadores audiovisuais galegos triúnfan coas súas propostas polo mundo adiante. A idade media dos directores galegos de longametraxes (Antón Reixa, Xabier Villaverde, Carlos Amil, Eloy Lozano, Antonio Simón, Ignacio Vilar, Juan Pinzás...) está arredor dos 50 anos, o que os sitúa por riba da media española.
O coste medio das películas producidas desde o ano 2000 (incluénse tres producións anteriores) e das que se conta con datos de presuposto foi de 2.585.524 euros, e 2.173.609 eliminando aquelas películas de coste superior aos 10 millóns de euros. Esta cifras están por debaixo dos 2.882.974 euros promedio dos presupostos das longametraxes españolas estreadas desde o 2000 (sen considerar as de custo por riba dos 10 millóns, e considerando tanto as producións como as coproducións).
Por outro lado, a duración media en días das rodaxes destas producións foi de 13,45 semanas, e o tempo transcurrido entre o final da rodaxe e o estrenoda película ascendeu a 341 dias (49,75 semanas), que en algúns casos foi consecuenciada faltade distribuidora que comercializara a produción.
Ademais, do total de longametraxes producidos ou coproducidos por empresas galegas desde 1989, en 13 deles a figura do produtor e a do director coinciden, e en 32 o par é director-guionista. Indo mais aló, en 7 destes longametraxes dase a combinación guionista-director-produtor, que é algo máis frecuente en aquelas películas onde a participación galega é maior.
 

Catro directores galegos tiveron a oportunidade de sebasomar á pantalla grande no 2003, aínda que con diferente resultado comercial. Xunto ao xa veterano Xavier Villaverde con Trece badaladas, estrearon os debutantes Ignacio Vilar con Ilegal, Antón Reixa con O lapis do carpinteiro e Carlos Amil con Blanca Madison. Os filmes de Reixa e Villaverde incorporaron ao audiovisual dous escritores representativos da literatura contemporánea galega: Manuel Rivas e Suso de Toro. Xa no 2004 realizadores como Jorge Coira con O ano da carracha, Hector Carré con A promesa, Xavier Bermúdez con León e Olvido, Margarita Ledo con Santa Liberdade, Jorge Algora con Camiño de Santiago: a orixe:  ou Ignacio Vilar con Un bosque de música estreron as suas longametraxes, as tres últimas en formato documental.
O agasallo de Silvia (Dionisio Pérez, 2003) longametraxe producida por Lorelei Produccións, narra a historia dunha adolescente quetomou adecisión máis crucial dasúavida, suicidarse, pero antes de facelo deixa claro nun vídeo-diario o desexo de doar os seus órganos. Trátase da primeira película do director e rodada en alta definición, e estivo protagonizada por Bárbara Goenaga, o lucense Luís Tosar, Víctor Clavijo e Adriana Domínguez.
Cómpre mencionar a produción en Galicia de Hotel Danubio (A. Giménez Rico, 2003), que contou co apoio loxístico da Conselleríade Cultura a través da Film Commission de Galicia. Despois do seu paso por Santiagode Compostela, no que se ambientaron diversas escenas desta película, o equipo técnico desprazouse ata Pontevedrae Tui.
Tras máis de tres anos e medio de dedicación, cun novo equipo de recoñecido talento, integrado por máis de 800 persoas, faise realidade El Cid, a lenda (José Pozo, 2003), un filme de animación producido por Filmax Animation que non chega aos 10 millóns de euros de orzamento e que foi froito da combinación das técnicas 2D e 3D, esta última desenvolvida polo estudio Bren Entertainment do Grupo Filmax. Neste mesmo ano, Filmax Animation estreou tamén Pinocho 3000 (Daniel Robichaud, 2003), que recrea o mítico conto de Carlo Collodi arredor da historia dun pequeno robot creado por Gepetto, coa personalidade dun neno de carne e óso.

No ano 2003 tamén se produciron filmes como: Descongélate (Dunia Ayaso e Félix Sabroso, 2003), unha comedia negra producida por el Deseo coa participación de Filmanova Invest e dirixida e escrita por Félix Sabroso e Dunia Ayaso. Outra das estreas do bienio corresponde a A vida que che espera. (Manuel Gutiérrez Aragón, 2003) unha película producida por Tornasol Films, Continental Producciones e Televisión de Galicia que trata un drama rural ambientado no Val do Pas, onde a vida é sinxela e tranquila ata que a disputa entre os seus dous veciños por unha vaca remata en traxedia.Tamén se teñen achegado directores e produtores galegos á longametraxe documental, aínda que non faltaron xentes de fóra que fan a súa aportación dende Galicia. Tal é o caso de Laurence Boulting, director que colaborou con Kubrick ou Loach, entre outros, que presentou en Santiago o seu documental Tres en el camino (2003). Boulting conta con tres peregrinos, moi distintos, que realizaron o camiño en tres estacións, o que lle achega un simbolismo patente á fita. A película foi producida por CTV, Televisión de Galicia, Filmanova e Filmanova Invest.
 

 

Inspirada nun argumento do escritor Alfredo Conde, a película Romasanta, a caza da besta (Paco Plaza, 2004) producida pola Fantastic Factory do grupo Filmax baséase na historia real de Manuel Blanco Romasanta, o vendedor ambulante que confesou matar trece persoas e utilizar a súa graxa para facer xabón e que foi xulgado en Allariz en 1852 e evitou a condena a morte alegando que, en realidade, era un lobishome. El principio de Arquímedes (Gerardo Herrero, 2004) é un filme de Tornasol, coproducido por Milou Films que conta a historia dunha alta executiva do mundo da moda que apenas ten tempo para dedicar ao seu fillo e ao seu marido e dunha veciña e amiga, que pese a estar moi ben preparada profesionalmente, non tivo sorte e sempre realizou traballos eventuais. Outra película na que participou a produtora coruñesa é Seres queridos(Teresa de Pelegrí e Dominic Harari, 2004) que, en clave de comedia, presenta o conflito árabe-israelí, a través dunha familia xudía madrileña cuxa filla maior bota un mozo palestino, ao que leva a cear.

 

Baseada en feitos reais, Mar adentro (Alejandro Amenábar, 2004) narra a historia de Ramón Sampedro, un home tetrapléxico que durante 25 anos loitou para conseguir unha morte digna e cuxo caso desencadeou un gran debate social. Coproducido por Sogecine, Himenóptero e Lucky Red (Italia), o filme contou coa colaboración financeira de Filmanova Invest. A través dun acordo entre esta e os produtores do filme, Televisión de Galicia adquiriuos dereitos de emisión televisiva en lingua galega. O filme Para que non me esquezas (Patricia Ferreira, 2004) está producido por Continental Producciones, cun guión elaborado por Virginia Yagüe e a propia directora. Trátase dun drama que conta como a morte dun mozo nun accidente obriga ós seus seres queridos a enfrontarse non ao seu doloroso recordo, senón a todos aqueles que quedaron tras a súa memoria.. A produtora galega Filmanova uniuse á alemá Moneypenny Films para producir a película Un día en Europa / Galatasaray-Depor (Hannes Stöhr, 2005). O filme, unha producción de Moneypenny Filmproduktion en coproducción con Filmanova, Filmanova Invest, ZDF Arte e Televisión de Galicia, é unha traxicomedia formada por catro episodios independentes que pretenden ofrecer unha visión xeral dunha Europa marcada pola pluralidade lingüística, a unidade monetaria, a interrelación cultural e os diferentes modos de vida europeos. O actor galego Miguel de Lira protagonizará o segmento da película que sucede en Santiago de Compostela.. Filmanova, a través da sociedade do grupo destinadava investimento en cine, Filmanova Invest, coproduciu en Arxentina nos últimos meses No sos vos, soy yo (JuanTaratuto, 2005), unha película que conta en clave de comedia o que lle pasa a un adolescente tardío para converterse nun home. Por outro lado, a produtora galega, a través de Filmanova Invest coproduciu en Arxentina Beba y Dora: cama adentro (Jorge Gaggero, 2005), en España estreada baixo o título de Señora Beba e premiada no Sundance Film Festival, con mención especial do xurado e protagonizada por Norma Aleandro, Marcos Mundstok e a debutante Norma Argentina. Promedio rojo (Nicolás López, 2005)é unha coprodución chileno-española, que conta coa participación de Aldea Films e Amiguetes Entertainment, presentouse en decembro do 2004 no Festival Internacionalde Cine Fantástico de Sitges.
Heroína (Gerardo Herrero, 2005). Esta produción de Continental Producciones e Tornasol Films está inspirada na vida de Carmen Avendaño, que loitou contra a dependencia á droga do seu fillo e contra as bandas de narcotraficantes que dominaron as rías galegas na década dos oitenta, creando a asociación Érguete.
En Alcalá de Henares rodouse Un rey en la Habana (Alexis Valdés, 2005), a película en cuxa produción participou Continental Producciones, xunto con Iroko Films e que se estreou a finais de maio. Trátase dunha comedia romántica de mentiras compulsivas con repartición integrada por Alexis Valdés.
A longametraxe de animación de Dygra Films Soño dunha noite de San Xoán (Ángel de la Cruz e Manolo Gómez, 2005), preestreada o día de San Xoan do 2005, recrea libremente o clásico de William Shakespeare El sueño de una noche de verano, transportándoo ao mundo tradicional da Galicia mítica. A película narra a historia de Elena, resolta e intelixente filla de Teseo, un gobernante idealista e soñador en exceso, obsesionado coa construción de estraños edificios.
Xan Leira presentou no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo a súa película documental sobre a emigración titulada Viceversa, non me chames estranxeiro (2005). Este sae á luz despois de dous intensos anos de traballo seguindo o desenvolvemento migratorio entre dous países referenciais ao respecto: Arxentina e Galicia/España. Lorenzo Varela, elixido pola Real Academia Galega para conmemorar a celebración das Letras Galegas 2005, é o protagonista doutra longametraxe de Xan Leira, que a partir dun guión propio, gravou en Galicia, Madrid, Montevideo e Bos Aires, localidades vitais do escritor. O filme foi producido por Acuarela Comunicación.