ERA OUTRA VEZ
Un ex-compañeiros da mesma promoción de xornalistas reúnense durante unha fin de semana despois de dez anos acabados os seus estudos, unha promesa que se fixeran no seu momento. Estes son Rosendo (Monti Castiñeiras), Nacho (Víctor Mosqueira), Beatriz (Pilar Saavedra), Loreto (Isabel Vallejo) e Lucas (Vicente de Souza). Reúnense no chalet de Rosendo, que é escritor, e que está escribindo un libro co mesmo tema que trata a película. Loreto non traballa con temas relacionados co xornalismo, senón que pinta cadros. Lucas, xornalista deportivo, vai coa súa moza Patricia (Mara Sánchez). Beatriz "The Best", que é unha famosa figura televisiva, vai co seu rapaz Bruno (Marcos Orsi). Nacho é homosexual, e confésalle a Rosendo que aínda lle gusta, mais Nacho non logrará atraer ao solitario escritor os seus beixos.
A reunión consiste nunha fin de semana enteira, que comeza cunha merenda, onde Patricia saca o tema dun cadro que mercara Lucas por 1250 euros, que lle parecía unha "pintura de merda", e que resulta ser da Loreto, que o tiña exposto nunha galería e asinado con seudónimo. Loreto cando contactara con Lucas para reunirse faláralle da súa exposición. E resulta que entre Lucas e Loreto existen reminiscencias dos seu amorío universitario, do que acabará finalmente rexurdindo nunha nova relación.
![]() |
Titulo orixinal: Érase otra vez Distribuidora / Baños Films / C. Indie Group |
FICHA ARTÍSTICA
Guionista: / Juan Pinzás
Música: / Juan Sueiro
Fotografía:/ Gerardo Moschioni
Produción: / Pilar Sueiro
Xefatura de son: / Johnny Bleep
Director
![]() |
Juan Pinzás |
Elenco
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Monti Castiñeiras | Víctor Mosqueira | Mara Sánchez | Marcos Orsi | Pilar Saavedra |
![]() |
![]() |
![]() |
||
Vicente de Souza | Isabel Vallejo | Antón Reixa |